O Concello de Mazaricos convoca unha nova xuntanza informativa sobre o proxecto parque Eólico A Picota I e II

20:24 27/12/21
Como xa fixera o pasado mes de novembro, o Concello de Mazaricos convocou unha nova xuntanza informativa aberta a toda a veciñanza sobre os proxectos eólicos no municipio. A reunión, que terá lugar ás 12h da mañá do martes 28 na Casa de Cultura da Picota, comprenderá a exposición do proxecto Parque Eólico A Picota II.
Igualmente, informarase sobre o estado actual da tramitación do Parque Eólico A Picota I.
O Concello lembra a todas as persoas interesadas a importancia destas xuntanzas dar resposta á situación.
NOVAS SOBRE OS EÓLICOS de Mazaricos
- Novembro 21: O Tribunal Superior ratifica que o P.E. A Ruña II non pode ir en terreos que foron afectados polos incendios
- Novembro 21: O alcalde de Mazaricos trasládalle á veciñanza a pouca viabilidade que ten o Parque Eólico A Picota.
- P.E. A Picota: Os eólicos comprometen o sector gandeiro
- 11 entidades bergantiñás piden a anulación do Complexo Eólico da Costa da Morte.
- INFORME: O novo impulso eólico propón 39 novos proxectos na Costa da Morte.
- Xunta e Estado tramitan, actualmente, a chegada de 22 parques eólicos e 164 aereoxeneradores só na Costa da Morte.
- Setembro 2020: A veciñanza da comarca, contra os macroélicos e as inclemencias do tempo.
- Setembro 2020: Santa Comba acolle o primeiro encontro intermunicipal sobre o modelo enerxético e o medio rural .
- Agosto 2019: Mazaricos páralle os pés aos eólicos.