O Concello de Mazaricos pide á veciñanza colaboración para recuperar a memoria fotográfica do municipio
- O proxecto prestará especial atención ao centenario da Picota
Xa ten o noso benquerido Suso Jurjo rescatadas centos de imaxes históricas de Mazaricos. Pero seguro que quedan milleiros espalladas polos caixóns das casas. Por iso, para ampliar o arquivo municipal, o Concello de Mazaricos vén de poñer en marcha un ambicioso proxecto de recuperación da memoria fotográfica do municipio co obxectivo de crear un arquivo histórico que permita conservar e difundir as imaxes máis significativas da vida en Mazaricos ao longo do século XX.
A iniciativa, impulsada dende a Concellería de Cultura, centrase na recollida de fotografías anteriores a 1985 que reflictan a vida cotiá, as tradicións e a evolución urbanística do concello. Buscan especialmente instantáneas de grupos familiares, actividades laborais, festas locais, actos relixiosos, eventos deportivos e escenas escolares, así como imaxes dos núcleos urbanos da Picota e Pino de Val e das diferentes aldeas do Concello.
Especial atención ao centenario da Picota
O proxecto adquire especial relevancia de cara a 2026, cando se celebrará o primeiro centenario da Picota. "Queremos reconstruír a historia visual deste núcleo urbano a través das imaxes que as familias conservan nos seus arquivos domésticos", explica o técnico de Cultura, Suso Jurjo. "Cada fotografía é un testemuño único do noso pasado común".
Proceso de dixitalización sinxelo e rápido
As persoas interesadas en colaborar poden achegar as súas fotografías á Casa da Cultura, onde se realizará unha dixitalización rápida e gratuita das imaxes, devolvéndolles os orixinais no momento. Tamén se pode contactar a través do teléfono 635 140 327 ou do correo electrónico cultura@mazaricos.gal .
"O noso obxectivo é crear un fondo documental que nos permita organizar exposicións, publicar libros e difundir o noso patrimonio visual en diversos soportes", sinala o técnico. "É unha oportunidade única para que a cidadanía participe activamente na construción da nosa historia colectiva".
O arquivo histórico estará dispoñible para investigacións, publicacións e proxectos culturais, garantindo sempre a protección dos dereitos de imaxe e a correcta atribución das fotografías.
Artigos de Suso Jurjo en QPC
- A antiga Casa do Concello de Mazaricos no lughar de Atán
- Abril: o esplandor na herba e os soños de xuventude.
- A enxebre elegancia de portar un paraugas.
- Cando Beba foi a capital de Mazaricos.
- A Venus galega precisa dos brazos para vivir.
- Aqueles esforzados carretos doutros tempos.
- O Monte Pindo e o Pai Sarmiento .
- O Corcubión de arredor de 1930 na serie de tarxetas postais de Tanarro.
- A Picota: Sesenta anos como capital de Mazaricos.
- As semellanzas dun conto galego e dunha lenda xaponesa.
- Cristobal González García: o primeiro Alcalde de Mazaricos.
- Santo Hadrián do Mar (Malpica): entre a realidade e a lenda
- As primeiras fotografías da fervenza do Ézaro.
- O Pazo de Altamira de Corcubión nun plano de 1776
- O silencio das campás e o continuo ouveo dos teléfonos.
- O Cruceiro dos Vaos e outras historias.
- Quizais as primeiras fotografías do Faro de Fisterra.
- Os Cruceiros: de obxectos de importación a símbolos da galeguidade.
- O Cabo Vilán nun gravado de 1896
- Outra vez a voltas Aghinaldeiros de Busto.
- Historia dunha fotografía singular no corazón da Picota.
- Os Entruideiros de Arcos volven alegrarnos os Carnavais.
- O río Beba.
- As nenas da escola de Atán de excursión en Santa Baia de Chacín
- Os aghinaldeiros de Busto a principio dos anos sesenta
- O Santuario de Virxindón de Quintáns.
- 3 de maio: auga bendita para as nosas leiras.
- O Hórreo de Cuns de Cuíña, quizais o exemplar de construción máis perfecto de Mazaricos.
- A situación dos hórreos nos rueiros aldeáns de Mazaricos
- O Cruceiro do Sicho dos Outeiros.
- O Cruceiro do Ciroláns de Suevos.
- O Colexio da Picota: un exemplo da implatación no rural das agrupacións escolares nos anos 70.
- Tania Fuegho, o lume de Mazaricos.
- Pero onde está Mazaricos?.