Mazaricos celebra o Entroido cunha Festa Infantil e cine de animación
- Suso Jurjo: Unha viaxe histórica ao Entruido de Mazaricos.
O tradicional “Entruido” de Mazaricos incluirá este ano, adaptado á situación epidemiolóxica, a celebración dunha Festa Infantil de Entruido dende as 5 da tarde do domingo 27 de febreiro. Será na Casa de Cultura da Picota e haberá agasallos para todas as nenas e nenos que acudan disfrazados.
A programación incluirá un Pequeno Cabaret Infantil con Pedriño Mendrugo, Jacinta Florette e os Apalpadoriños. Tamén haberá Teatro de Sombras co contacontos O Soño do Rato a cargo da narradora Olga de Abad, así como Teatro Físico, Clown e música en directo coa compañía Negrolopez. A festa rematará cunha Festa de Fume e Dillei Infantil.
O luns e martes de Entroido haberá proxeccións cinematográficas de películas de animación. Ambas as dúas películas proxectaranse na Casa de Cultura ás 5 da tarde. O luns 28 será “Espías con Disfraz” e o martes 1 de marzo “Mazinger Z”.
Aínda que este ano non desfilará o Exército dos Panos dos Entruideiros de Arcos, o Concello publicará en redes sociais durante o Entruido un pequeno vídeo de homenaxe ás persoas que recuperaron esta tradición. A peza recollerá as declaracións de veciñas e veciños de Arcos que participan nesta celebración tradicional mazaricá.
Novas relacionadas
- 2020: O Exército de Panos ao completo recupera o verdadeiro Entruido de Mazaricos.
- Suso Jurjo: Unha viaxe histórica ao Entruido de Mazaricos.
MÁIS PROGRAMAS DO ENTROIDO
- Baio: Baio prapara o seu gran Entroido.
- Carballo: Carballo terá un Entroido musiqueiro.
- Vimianzo: Disfraces e música para o Entroido de Vimianzo.
- Laxe: O Caietano volverá ser protagonista do Entroido de Laxe.
- Buño: A Mikaela, que xa ten data, vai ser “espectacular”.
- Santa Comba: Festa familiar para o Entroido de Santa Comba.
- Zas: Entroido de Zas: Pasarrúas, desfiles, obradoiros infantís, concurso de disfraces e filloas.
- Coristanco: De Vacas, con conxuro e todo, amenizará o Entroido de Coristanco.
- Ponteceso: Os pavillóns de Corme e Ponteceso vivirán cadansúas festas do Entroido.
- Malpica: Malpica volve presentar un completo programa de Entroido feito polas Asociación e para as Parroquias.
- Camariñas: Bailes de disfraces, música, inchables, doces e Enterro da Sardiña no Entroido de Camariñas.
- Laracha: O Concurso de disfraces da Laracha volverá ser virtual.
- Dumbría: As Casas da Cultura acollen as citas infantís do Entroido dumbriés.
- Carnota: Un sábado de Batukada e inchables para o día Entroido de Carnota.
- Fisterra: Fisterra recupera o seu “participativo e enxeñoso” Entroido.