Baio prapara o seu gran Entroido
10:35 23/02/22
A Asociación de Empresarios Comarca de Soneira estrea o seu lema Baio Porta Grande da Costa, cun completo programa de Entroido, completando as citas do programa municipal.
O sábado 26 a troula comezará cun desfile de entroido polas rúas cos grupos Gaiteiros Desbrosadores. e seguido, toca o Serán de entroido na nova praza de Baio cos grupos do desfile e a dinamización do grupo Tabernarios Trío.
E pola noite, volve a verbena á Baio co Dúo Calú, con carpa e cantina.
Ademais, a hostalería únese á festa coa ruta de tapas elaboradas de 17:00h a 23:00h.
Máis programas do Entroido
- Vimianzo: Disfraces e música para o Entroido de Vimianzo.
- Laxe: O Caietano volverá ser protagonista do Entroido de Laxe.
- Buño: A Mikaela, que xa ten data, vai ser “espectacular”.
- Santa Comba: Festa familiar para o Entroido de Santa Comba.
- Zas: Entroido de Zas: Pasarrúas, desfiles, obradoiros infantís, concurso de disfraces e filloas.
- Coristanco: De Vacas, con conxuro e todo, amenizará o Entroido de Coristanco.
- Ponteceso: Os pavillóns de Corme e Ponteceso vivirán cadansúas festas do Entroido.
- Malpica: Malpica volve presentar un completo programa de Entroido feito polas Asociación e para as Parroquias.
- Camariñas: Bailes de disfraces, música, inchables, doces e Enterro da Sardiña no Entroido de Camariñas.
- Laracha: O Concurso de disfraces da Laracha volverá ser virtual.
- Dumbría: As Casas da Cultura acollen as citas infantís do Entroido dumbriés.
- Carnota: Un sábado de Batukada e inchables para o día Entroido de Carnota.
- Fisterra: Fisterra recupera o seu “participativo e enxeñoso” Entroido.