Mazaricos consegue paralizar cautelarmente a tramitación do Parque Eólico A Ruña 2
”Si se pode”. Así se pode extraer da experiencia mazaricá cos eólicos. O alcalde de Mazaricos ten amosado nos últimos anos a súa oposición á invasión dos viraventos, denunciando, entre outras cousas, que “se activen os prazos dos parques eólicos en estado de alarma se non podemos informar aos veciños”.
No caso concreto que lles atinxe, o Concello uniuse para presentar alegacións contra o novo proxecto eólico A Ruña 2, denunciando o impacto na Devesa do Anllares, no Monte Pindo ou no Camiño de Santiago. Un alcalde que afirma que “non estamos en contra da enerxía eólica, máis ben todo o contrario”, pero que non permitirá que “as empresas expolien os nosos recursos naturais”.
O Concello, co apoio da veciñanza, utilizou a Lei de Montes para botar abaixo o proxecto. Argumentou que tras sufrir un incendio ten que pasar 30 anos sen que se constrúa nada. Por iso, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de paralizar cautelarmente a tramitación do devandito parque. Un parque, promovido por Eurus Desarrollos Renovables que afecta ás parroquias de Acos e Colúns.
Para o alcalde, Juan José Blanco, “as administracións fixeron as normativas sectoriais pensando máis nas empresas que nas persoas afectadas”. O rexedor advirte que non está “disposto” a que “as empresas promotoras veñan con escurantismo e malos modos a amedrentar a unha veciñanza que non dispón de ferramentas para defenderse” e que desde o Concello continuarán a “traballar” para “poñer os nosos dereitos por diante onde faga falta”. Do mesmo xeito subliña que non está “en contra da enerxía eólica” pero que esta debe desenvolverse “con planificación e respecto ás persoas e ao patrimonio”. Desde o Concello explican que agora toca “agardar” á sentenza do TXSG sobre a ubicación do parque. O que si especifican é que “unha resolución en contra, abrirá a porta á paralización doutros proxectos que se asentan en terreo queimado”.
Novas relacionadas
- Xuño 2020: 5 Concellos da zona únense para pedir á Xunta paralización dos trámites de parques eólicos iniciados no Estado de Alarma.
- Maio 2020: Alcalde de Mazaricos: “Non entendo que activen os prazos dos parques eólicos en estado de alarma se non podemos informar aos veciños”.
- Xullo 2019: Mazaricos páralle os pés aos eólicos.
Novas sobre os eólicos
- PE Orzar e Tornado: Outros dous proxectos eólicos de Greenalia en Carballo .
- PE Monte Chan e Pena dos Mouros: A veciñanza de Laxe denuncia dous proxecto eólicos sobre Laxe, Camelle e Vimianzo.
- PE Bustelo e Baralláns: Piden a eliminación do proxecto eólico Bustelo e Baralláns polo seu impacto paisaxístico.
- PE Corme: A Xustiza demostra o incumprimento de EDP, e a connivencia da xunta, á hora de medir o ruído dos eólicos de Corme .
- PE Berdoias: Varias entidades presentan alegacións ao Parque Eólico de Berdoias polo impacto no seu patrimonio.
- PE Campelo, Bustelo e Monte Toural: A DIA do Campelo recoñece que os do Campelo, Bustelo e Toural son un só proxecto eólico.
- PE Banzas: O bosque de Santa Locaia, tamén ameazado polos eólicos de Banzas.
- 6 razóns do expolio eólico: "Nunca Máis ao Plan Sectorial Eólico de Galicia”.
- PE Maragouto: Os Quijotes e Petón do Lobo piden que os eólicos non afecten aos humidais de montaña.
- PPEE Alto da Croa, Alto da Croa II e Monte Tourado: Denuncian a posible corrupción trala fragmentación fraudulenta dos parques eólicos de Vimianzo e Dumbría.
- G3 Corme: A desfeita das obras do parque eólico G3 de Corme, en imaxes.
- Familias afectadas por 6 proxectos de parques eólicos: “Róubannos a nosa Paisaxe”.
- PE Salgueiras: O BNG ratifica o seu rexeitamento ao parque eólico no Monte das Salgueiras.
- PE Salgueiras: “O parque eólico Salgueiras é ilegal que cada representante político e social asuma súas responsabilidades”.
- PE Salgueiras: Esixen a modificación do proxecto eólico das Salgueiras polo impacto visual e a aparición de novos elementos patrimoniais
- “Aldeas con horizonte”: Manifesto por unha moratoria a novos parques eólicos.
- PE Cerqueiral: O Cerqueiral, outra ameaza para a nosa paisaxe.
- Greenalia, que promove 7 parques eólicos na comarca, fai unha doazón de material escolar.
- PE Mouriños: A desfeita das obras do parque eólico de Mouriños na Serra de Gontón, en imaxes.
- PPEE Bustelo, Campelo e Toural: Santa Comba vestiuse de negro contra o “megaparque” eólico de Bustelo, Campelo e Toural.
- Regoelle, a tea de araña dos eólicos da Costa da Morte.
- P.E. Pena Catasol: Laxe xa non é un Concello Libre de Eólicos.