Mazaricos saca peito da súa xestión ante a invasión eólica

A raíz dunha avalización por parte do portavoz do Observatorio Eólico de Galicia, o Concello de Mazaricos quere sacar peito sobre a súa xestión ante a invasión de parques eólicos. Dende 2019, o Concello cambiou a súa forma de encaixar as propostas de proxectos eólicos, e dende entón non para de recibir parabéns. Xuntanzas informativas coa veciñanza para dar luz ao escuro mundo, presentación de alegacións e negociacións directas cas empresas promotoras son algunas ads medidas adoptadas polo consistorio.
Nestes momentos sob 7 os proxectos que ameazan o ceo mazaricán. A Ruña, A Picota I e II, Alvite I e II, O Vao e San Cosmeiro. O Concello xa presentou alegacións contra o Parque Eólico de Alvite, e contra os parques de A Picota I e II. A afectación de terreos produtivos do sector gandeiro, a fragmentación do territorio e a afectación ao Camiño de Santiago son razóns evidentes para loitar contra a invasión destes xigantes.
Tamén presentara alegacións contra o parque da Ruña, pero atopouse cunha veciñanza que si quería albergar eses aereoxeneradores. Foi aí cando o Concello moveu ficha para conseguir un acordo que, a día de hoxe, é exemplar no pais. Xavier Simón, portavoz do Observatorio Eólico de Galicia, lembra que a xeración de rendas para a veciñanza é 2,5 veces máis alta que a media galega. Incluso é 4 veces superior á meirande parte dos acordos do resto de concellos do país.
Foron esas negociacións directas do Concello as que conseguiron uns acordos moito mellores que os que conseguen os propios propietarios, que sofren as presións e coaccións das empresas, casa por casa. Agora, tralo acordo, unha vintena de asociacións locais recibirán 72.000€ anuais durante 30 anos. O caso de Mazaricos demostra, a xuízo de Xavier Simón, “que hai marxe nas empresas para deixaren máis rendas no ámbito local”. O experto considera Mazaricos “exemplo disto” e considera que “os responsables da negociación fixeron un moi bo traballo”. Así, o do Parque Eólico a Ruña en Mazaricos constitúe “un caso único en toda Galicia”, destaca.
O alcalde, Juan Blanco, lembra que “os usos económicos e sociais do solo non se están tendo en conta á hora de autorizar novos parques no noso municipio”. De aí que “non podemos permitir que dúas das fontes de riqueza do municipio, como son o sector agrogandeiro e o turístico, se vexan afectadas por priorizarse unha actividade económica que non ten unha achega directa comparable á economía local e si vén cargada de externalidades”.
Blanco lembra ademais un cambio na política de instalación eólica. “Se no pasado os parques eolicos adoitaban situarse no alto dos montes e en áreas despoboadas, con poligonais de pequeno tamaño, este non é caso destes proxectos. Os novos parques situaranse en zonas habitadas, sobre terreos de uso social e económico e con liñas de evacuación que afectan gravemente á contorna. Preocúpanos que, ademais, este nivel de ocupación do territorio nin sequera se xustifique dende o punto de vista da produción enerxética, cuxo nivel non será moi alto”, engade o alcalde.
NOVAS SOBRE OS EÓLICOS DE MAZARICOS
- Xuño 22: O Concello de Mazaricos loitará contra a instalación do Parque Eólico de Alvite.
- Xuño 22: P.E. Alvite: Rodeado de 791 aereoxeneradores.
- Marzo 22: As Asociacións de Mazaricos asinan un acordo coa empresa do P.E. A Ruña para que a súa instalación revirta na terra.
- Decembro 21: O Concello de Mazaricos confía en que a Xunta non aprobará os parques eólicos A Picota I e II.
- Novembro 21: O Tribunal Superior ratifica que o P.E. A Ruña II non pode ir en terreos que foron afectados polos incendios
- Novembro 21: O alcalde de Mazaricos trasládalle á veciñanza a pouca viabilidade que ten o Parque Eólico A Picota.
- P.E. A Picota: Os eólicos comprometen o sector gandeiro
- 11 entidades bergantiñás piden a anulación do Complexo Eólico da Costa da Morte.
- INFORME: O novo impulso eólico propón 39 novos proxectos na Costa da Morte.
- Xunta e Estado tramitan, actualmente, a chegada de 22 parques eólicos e 164 aereoxeneradores só na Costa da Morte.
- Setembro 2020: A veciñanza da comarca, contra os macroélicos e as inclemencias do tempo.
- Setembro 2020: Santa Comba acolle o primeiro encontro intermunicipal sobre o modelo enerxético e o medio rural .
- Agosto 2019: Mazaricos páralle os pés aos eólicos.