As mulleres toman a palabra en Mazaricos
Mazaricos, como non podería ser doutro xeito, súmase aos actos do Día da Muller. Faino facilitando a participación na manifestación nacional que se celebrará en Santiago de Compostela, da man da Asociación Eu Son Mazaricos, que fleta buses que sairán ás 19:00 da Picota e ás 19:10h do Pino do Val.
Pero ademais, o sábado 9 celebra unha completa mañá baixo o lema “Mulleres, aí estamos”. A cita arrincará ás 11:30h na Casa da Cultura, e será presentada por Tania Fuegho, que dará paso ás mulleres máis influíntes do día a día mazaricán. Un xeito de poñer en valor ás mulleres rurais, pois sen elas non sería posible o tecido produtivo agrogandeiro nin a conservación das tradicións.
O alcalde sinalou que "as asociacións do concello que interveñen no acto son fundamentais: a asociación cultural de Antes recuperou a tradición da manufactura dos sancosmeiros, as amas de casa o bolo do pote e eu son mazaricos dinamiza a vida cultural do Concello cos nenos e nenas. Sen a tarefa, moitas veces invisible e pouco valorada das mulleres, o rural non existiría”.
Entrevistas 8M
- Jenifer Suárez: "Gustaríame que o meu fillo aprendese de min o oficio de mariñeiro e seguise coa tradición familiar”.
- Susana Salgado, unha empresaria muller no sector da Construción da Costa da Morte.
- Viki Rivadulla: "Bruxa fala do empoderamento feminino e a sororidade como ferramentas para loitar contra a violencia”.
- Marta Doviro: "Fai falta incrementar a presenza de mulleres en departamentos coma o de Guión, Son, Iluminación e Dirección”.
Artigos 8M
- Mulleres da Buserana: Unha Folga común polo 8 de marzo.
- Marisol Soneira: A igualdalde que hai que gañar cada día.
- Fátima Rodríguez: Non é violencia de xénero, o feminismo non me representa: Feminismo Liberal.
- Viki Rivadulla: 8M, conxuro polo empoderamento.
Novas do 8 de marzo
- Guía #8M: Un Día da Muller de folga, concentracións e numerosas actividades de igualdade.
- Camariñas postúlase como epicentro das mobilizacións polo 8 de marzo.
Máis novas
- Novembro 18: As Buseranas pechan un histórico 2018 na loita feminista na Costa da Morte.
- Marzo 18: Como secundou a folga feminista a Costa da Morte.
- Marzo 18: 8 de marzo: A Costa da Morte saíu á rúa con máis forza que nunca.
- Viki Rivadulla: 25N: Isto tamén vai contigo.