Xoves. 02.12.2021
El tiempo

5 días de festa no Entroido de Muros

5 días de festa no Entroido de Muros

O Concello de Muros tamén artella un completo Entroido para este 2012. Con 5 días de festa, dende o venres ata o martes, sen parada.

O Venres 17, a partir das 17:00 horas celebraranse dous bailes infantís de disfraces, un na parroquia de Louro e outro na de Abelleira.

Para o sábado 18, a partir das 17:00 horas na parroquia de Tal celebrarase un baile infantil de disfraces.

A cita do domingo 19, a partir das 17:00 horas será co tradicional concurso de comparsas acompañadas pola charanga Solfamidas. Outorgaranse cinco premios en metálico aos gañadores, dende os 1.000€ para o gañadora ata os 100 do 5º.

O luns 20, a partir das 17:00 horas celebraranse dous bailes infantís de disfraces, un na parroquia de Esteiro e outro na de Serres.
E o martes 21, a partir das 17:00 horas na parroquia de Tourea celebrarase un baile infantil de disfraces.

Máis información

Novas relacionadas

Outros entroidos da Costa

Fonte

comentarios