O Castelo Rock xa ten data e recibe unha mellor axuda municipal


Despois de varios anos de pouca atención, parece que o Concello de Muros por fin se decata do potencial dun evento como o Festival Castelo Rock. Esta semana, o Concello Concello de Muros e a ACRD Praia do Castelo asinaban un convenio para facer posible a celebración do festival Castelo Rock 2015, e que supón unha importante mellora dos medios estipulados no convenio de 2014.
Un Festival que xa ten datas, os 7 e 8 de agosto, e do que xa estamos esperando os seus primeiros nomes.
”Con estas axudas, a organización ampliará a infraestructura do festival incrementando con iso o número de asistentes e o impacto do festival no tecido empresarial da zona” declarou Pedro A. Lago presidente de ACRD Praia do Castelo trala firma do convenio.
Tras 11 edicións, a ACRD Praia do Castelo como organizadora do evento, conseguiu situar o festival dentro do mapa musical de Galicia converténdose nunha cita ineludible para os amantes da música. Así mesmo, mantendo sempre o espírito do seu nacemento, o Castelo Rock atrae a miles de visitantes co correspondente impacto na economía local.
Máis información
- Facebook do Castelo Rock de Muros.
- www.castelorock.com.
- Axenda Sonora da Costa da Morte.
- Axenda Costa da Morte.
Novas relacionadas
- A Caverna de Muros dá a alternativa ás novas bandas da zona.
- Un par de dilleis nas cavernas de Muros.
- Maestro Romero, un par de músicos muradáns con pouca vergoña e moito sentimento.
- Terbutalina xa están ben peinados.
- Os Trapos Sucios, gañadores do Rock in Río Tea.
- Terbutalina e Los Gatillazo arrincan o #CasteloRock14.
- De premio, a gravación dun disco.
- A Muerte con Terbutalina.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).