mércores. 30.04.2025
El tiempo

Muxía acolle a gran final do Circuito de Xadrez da Costa da Morte

Muxía acolle a gran final do Circuito de Xadrez da Costa da Morte
As pezas de xadrez peregrinarán ata Muxía-Foto-R. Piñeiro

Este domingo 27 de xaneiro de 2013 as pezas de xadrez peregrinarán a Muxía, e alí atoparánse cunha gran cantidade de amigos desfrutando da súa compaña. A vila da Barca, a vila do Cabo Touriñán, acolle a gran final, a 7ª proba e clausura, do 1º Circuíto de Xadrez Costa da Morte Concello de Muxía, que organiza o Concello de Muxía e o Club Xadrez Cabo Touriñán.

A xornada, dará comezo ás 16:00 horas e rematará as 20:00 coa entrega de premios do 7º torneo e finais do Circuíto. Ademais, haberá algunha sorpresa que outra para todos os participantes.

Para esta xornada de clausura, está prevista a participaron 65 xadrecistas, destacando a participación de catro campións provincias (Sub 8: Kevin Carballo, Sub 12: Daniel González, Sub 14: Diego Bugliot e Sub 18: Óscar Porto) e a presenza do Campión Galego do ano 2012, Oscar De Prado.

Hai moito que decidir ademais. Na categoría Absoluta, todo pode pasar, estando o podio sen definir a falta da derradeira xornada. Pablo Mira está de líder con 39 puntos, pero só un máis que Jose Manuel Pose e Jose Sar. O corcubionés Mon Franco está 4º pero con 27 puntos.
No resto de categorías, agás na sub 10, o primeiro posto xa está decidido, quedando por disputar o 2º e 3º de todas as categorías. Na categoría Sub-14 Diego Bugliot ten o título na man, mentres que Xan Nogueira competirá con Miguel Papin pola segunda praza.
En Sub-12 Carla Sánchez está destacada por diante de Carlos Ramos e Martín Pena.
En Sub-10 Eloy Vilela defenderá a primeira posición ante Brais Mata Ewy.
E onde tamén parece que a cousa está sentenciada é en Sub-8, onde Kevin Carballo conta cunha importante vantaxe sobre Anxo Lago.

A clasificación xeral por equipos do circuito, a falta da derradeira xornada, está moi apretada, cos equipos muxiáns en cabeza. O Xadrez Cabo Touriñán A ten 104,5 puntos, polos 91 do equipo B. Por detrás, o Peleteiro A, con 65, e o Peleteiro B, con 60,5. Ex-alcólicos e o resto de equipos muxiáns completan a táboa.

Novas relacionadas

Máis novas

Xadrez na Costa

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Nota de prensa do Clube de Xadrez Cabo Touriñán.

Comentarios