Luns. 06.05.2024
El tiempo

3 derrotas e unha vitoria na fin de semana do balonmán costeiro

3 derrotas e unha vitoria na fin de semana do balonmán costeiro

Completa fin de semana de balonmán costeiro con 4 partidos en liza e 3 derrotas e só unha vitoria.

Non puido ser e a visita do líder ao Areal deixou un partido bonito pero os puntos marcharon. Así e todo, os conserveiros demostraron poder competir cara a cara ante un líder que deixou unha imaxe regular en Camariñas. O cadro camariñán cede a 4º posición ao Rasoeiro, co que están igualados a 20 puntos, a 8 dos dous primeiros.

Disputouse na tarde do sábado ante 300 siareiros no Vila de Noia, a vixésimo primeira xornada da liga de 1ª Estatal na que o Calvo Xiria acadou dous puntos ante o Lavadores nun partido que controlou dende o asubío inicial. Así, a falta de 5 xornadas o equipo carballés mantense nunha magnífica 2ª praza.

Xa en categoría feminina, o O Bm. Camariñas solventou ante o Teucro un partido que se asomaba máis complicado do que foi para as espartanas.
Ademais, vitoria aplastante do Rasoeiro na mañá do domingo ante un Goldie Xiria moi inferior que non dou entrado en xogo en ningun momento do encontro.

1ª División Autonómica, xornada 16

  • Resultado: Bm. Camariñas - Bm. Lavadores 5 Jotas (25-28)
  • Balonmán Camariñas: Bruno (p), Iván (p), Alan (2), Fary (2), Eusebio (1), Jaime, Checho, Ángel, Borja (12), Xabi (1), Perón, Damián, Antelo (3).

Moi disputado o partido ante A Cañiza, onde a primeira xogada do partido decidiu o resto do encontro, xa que unha entrada brutal a Fary nun contraataque, quedou nun mero en apercibimiento por parte do árbitro, condicionando así o choque.

O encontro resultou ser emocionante, aínda que con superioridade visitante ao longo do encontro. Oque manchou a vitoria do lider foi a súa actitude, "piscinera e chulesca", segundo denuncian os camariláns, "en cada contacto esaxeraban con xestos provocando a exclusión do contrario, como foi o caso de Perón". "Actitudes propias do futbol que no balonmano non son ben vistas", sinalan. Polo demais, o partido foi bonito con alternativas polos dous lados e coa inseguridade do marcador xa que a vantaxe máxima do Camariñas foi de 2 goles e a da Cañiza de 3.

Para a próximo fin de semana, se deplaza o Camariñas a terras do Rosal para xogar contra o At. Novás.

1ª División Estatal, xornada 21

  • Resultado: CALVO XIRIA - LAS CINCO JOTAS LAVADORES (29-23).
  • Marcador: 4-1, 6-3, 10-5, 12-8, 14-10, 16-11(descanso);17-13, 19-14, 20-16, 22-19, 25-21, 29-23.
  • Calvo Xiria 29 (16+13): Iago [p], Ramón (4), Sergio (2), Chimpo (9), Gonzalo (3), Brais, Manuel (4) - equipo inicial- Naya [p], Zúpez [p], Calvete (1), Martín (5), Iván, Javier (1), Rubén.

De inicio presentábanse moitas complicacións para o Xiria xa que chegaba moi mermado na súa primeira liña: á baixa de Pablo tras a súa fichaxe polo Cangas uníanse as de Zas e Jorge. Tampouco Chimpo estaba nas mellores condicións físicas, mais non foi impedimento para que fose o máximo goleador do encontro.
Non todo eran malas novas xa que Manuel era de novo da partida e entraba na convocatoria o xuvenil de primeiro ano Iván Campos facendo un bo papel nos minutos que tivo.

A resposta ante esta situación dos xogadores carballeses foi sobresaínte, saíndo ao encontro moi centrados, o que se traduciu en acadar un diferenza de tres goles aos dez minutos de xogo e que non so mantiveron senón que a foron aumentando paulatinamente. A defensa e a portería foron vitais para acadar o triunfo ante un equipo con oficio e que non se rendeu ao longo dos sesenta minutos, mais desta volta a necesidade de acadar os puntos para manter a súa posición privilexiada xogou a favor dos carballeses máis intensos que o seu rival. En ataque é moi destacable o reparto de responsabilidades, con todos os xogadores ao mesmo ritmo e co mesmo obxectivo: darlle o balón ao xogador en mellor posición para lanzar.

O esforzo do colectivo foi, de novo, a mellor arma do Calvo Xiria, no que debe de ser a liña a seguir nas cinco xornadas de liga que quedan. O vindeiro sábado xogará en Pontevedra ante o Cisne Bm nun partido que se presume moi complicado para os intereses carballeses.

1ª División Galega Feminina, xornada 22

  • Resultado: Bm. Teucro - Bm. Camariñas Feminino (24-30).
  • Parcial ao descanso: 12-15
  • BM. CAMARIÑAS: Karen (p), Mónica (6), Sara (6), Aida (6), Tina (1), Karina( 1), Alicia (3). Tamén xogaron: María Oanes (2), Cris Barreiro (5), Vero, Nerea, Cris Caamaño.

Primeira parte na que as de Camariñas non saíron ca intensidade que nos teñen acostumados e marchaban sempre a remolque no marcador, minuto 10 6-3 para as de Pontevedra. Despois de aclarar as ideas e con outra actitud puxéronse por diante no marcador con un parcial en 15 minutos de 11-2 para as nosas, un par de exclusións en contra chegariase ó descanso co marcador 12-15.
Na segunda parte saíron ca mesma intensidade que durante o final da primeira e só lles quedaba aguantar a vantaxe ata o pitido final para levarse os 2 puntos. Gran traballo realizado por todas as xogadoras durante o partido.

Esta fin de semana as espartanas reciben ó líder da categoría na casa, onde esperan que siga a progresión ascendente de estas xogadoras e poidan pelexar contra o mellor equipo da categoría e que queden os 2 puntos na casa. Para iso van necesitar todo o apoio de toda a afección do Balonman Camariñas.

1ª División Galega Feminina, xornada 22

Plantel do Goldie Xiria
  • Resultado: GOLDIE XIRIA - RASOEIRO (11-31).
  • Parcial ao descanso: (4-13)
  • GOLDIE XIRIA 11 (4): Lucía e Brenda (p), María , Raquel, Juana 6, Adriana, Cris 1, Marta 3(equipo inicial) Raquel, Isa, Tamara 1, Zeltia, Sandra e Manón.

A boa actuación da porteira visitante mermaba a efectividad das locais que vían como as diferenzas no marcador se iban agrandando, ao non poder poñer freno as accións de ataque do Rasoeiro, chegándose xa ao descanso con un 4-13. Non foi capaz o Xiria de parar o vendaval das rivais e o marcador final quedouse nese contundente 11 a 31.
A vindeira fin de semana o Goldie viaxará a Vigo, para medise ao Lavadores.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Balonmán Xiria.

Comentarios