A empresa mineira de Corcoesto obrigada a pechar de inmediato por falta de licenza


A Plataforma pola Defensa de Corcoesto informa que "a empresa mineira Edgewater ten que pechar de xeito inmediato o seu centro de traballo en Corcoesto no que viña desenvolvendo labores relacionados con actividades extractivas mineiras por carecer de licenza para o exercicio desta actividade".
Segundo sinalan, "a empresa canadense vén operando neste centro de traballo situado nunha antiga nave agrícola desde hai varios anos co consentimento do Alcalde de Cabana, que a sabendas de que carecía de licenza, nunca esixiu que se cumprise coa legalidade". Segundo a Plataforma, "tivo que ser a través dunha denuncia presentada polos veciños na que solicitaron a reposición da legalidade e a imposición das sancións que procedesen, cando o Alcalde se viu obrigado a actuar de xeito inmediato, ordenando a suspensión da actividade nun prazo máximo de vinte e catro horas. Asemade tivo que darlle traslado da denuncia e do expediente tramitado á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Xunta de Galicia e proceder a incoar o expediente de reposición da legalidade previsto no regulamento de disciplina urbanística que desenvolve a lei do solo de Galicia".
Recordan que "o centro de traballo que agora se pecha, está situado en solo rústico de protección ordinaria, polo que o Concello non pode outorgar licenza municipal para actividades relacionadas coa explotación mineira ao tratarse dun uso, que segundo a lei do solo de Galicia, require de autorización autonómica". Consideran ademais que "as instalacións de almacenamento, oficinas e de laboratorio xeolóxico non son legalizables nin cumpren os requisitos para que se lle poida outorgar á empresa mineira licenza para o exercicio desas actividades".

Máis información
- A bitácora da semana (CXCV): O ouro de Corcoesto.
- A bitácora da semana (CLXXXIV): Salvemos Cabana.
- A bitácora da semana (CLXXXV): Non á mina.
Novas relacionadas
- 28-12-12: AGE reafírmase en contra da mina de Corcoesto.
- 27-12-12: Cianuro: residuou non perigoso? Fraude no DIA da Mina de Corcoesto.
- 24-12-12: Un fin de semana de protesta mineira en Corcoesto.
- 20-12-12: O Proxecto da Mina de Corcoesto, unha “aberración normativa".
- 18-12-12: Durísimas valoracións contra a Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto.
- 17-12-12: A Xunta aproba a Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto ante as protestas de colectivos por desinformación.
- 13-12-12: AGE e PP amosan a súas posicións enfrontadas sobre Mina de Corcoesto.
- 26-11-12: Denuncian que a empresa da Mina de Corcoesto engana cos prezos aos propietarios dos montes.
- 13-11-12: A Plataforma en defensa de Corcoesto convida á empresa Mineira a un debate público.
- 09-11-12: Denuncian o intento da empresa mineira de mercar a prezos de saldo os montes de Corcoesto.
- A loita contra a mina de Corcoesto recibe o apoio de Greenpeace e se solidariza con México.
- Apoios televisivos contra a mina de Corcoesto.
- 11-10-12: A apertura da mina de Corcoesto retrásase ata o verán do 2013.
- Veciños de Corcoesto trasladan á Xunta o seu malestar ante o perigo da mina.
- A loita por Corcoesto amplíase ao eido arqueolóxico.
- A Fiscalía xa investiga a mina de Corcoesto por un presunto delito contra o medio ambiente.
- A mina de ouro: unha mostra de resistencia organizada.
- A loita contra a mina de Corcoesto colle tintes poéticos.
- Xurxo Borrazás tamén di non á Mina de Corcoesto.
- O BNG pide que a mina de Corcoesto non sexa a ceo aberto.
- Ata Galeano denuncia que a Mina de Corcoesto non cumpre a lei.
- O Goberno argumenta no Parlamento que a mina de Corcoesto creará 500 postos de traballo.
- ADEGA considera obsoleta a tecnoloxía da Mina de Ouro de Corcoesto.
- A febre do ouro exténdese a Zas mentres denuncian irregularidades no proxecto de Corcoesto.
- Os fumigadores si andan pola Costa.
- 1.300 sinaturas presentadas contra a Mina de Ouro de Corcoesto.
- A mina de Corcoesto chega ao Parlamento.
- Os veciños da Plataforma de Corcoesto denuncia prácticas intimidatorias do alcalde cabanés.
- Denuncian as falsas expectativas de emprego da mina de ouro de Corcoesto.
- A mentira das palabras máxicas .
- 04-05-12: Creada unha Plataforma contra a Mina de Ouro de Corcoesto.
- 12-03-12: Accidente laboral na mina de ouro Corcoesto.
- ADEGA espera para valorar o impacto da Mina de ouro de Corcoesto e enfróntase con La Voz.
- A mina de ouro de Corcoesto axiliza a súa posta en marcha co apoio das administracións e oposición dos ecoloxistas.
- O ouro de Corcoesto non brilla tanto.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Notade prensa da Plataforma en Defensa de Corcoesto.