Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Real Academia Galega chega por primeira vez á Costa da Morte para celebrar os 180 anos de Pondal

A Real Academia Galega chega por primeira vez á Costa da Morte para celebrar os 180 anos de Pondal
Pleno da RAG na Fundacion Eduardo Pondal-Foto- Xose Castro para a Real Academia Galega

Un fito histórico acontecía esta fin de semana na aldea do Couto. A primeira vez que a sesión plenaria da Real Academia Galega se celebra na Costa da Morte. E o fixo para renderlle unha homenaxe a Eduardo Pondal no quinquaxésimo aniversario do Día das Letras Galegas dedicado á súa figura, xusto cando se cumpren 180 anos do seu nacemento.

A Fundación Eduardo Pondal conseguía xuntar aos membros da RAG en Ponteceso, nunha sesión que serviu para analizar a obra do bardo bergantiñán. Con este xesto, a máxima autoridade en materia lingüística quixo render tamén homenaxe a unha pequena aldea, motor da nosa lingua e da nosa cultura en toda Galicia.

Antes, O Couto deu unha demostración do involucrada que está toda a poboación coas actividades culturais. Ducias de cativos botaron globos brancos e azuis que rubiron aos ceos

Parabéns polo 180º Aniversario Eduardo Pondal

Así de involucrados están os pequenos do Couto, cantándolle os Parabéns ao mesmo Pondal coma se fose o avó de cada un:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios