Mércores. 06.11.2024
El tiempo

Os edís Miguel González Gómez, Salvador Eiroa Ameijenda e Ana Perez Imia foron cesados das súas áreas

Salva Eiroa MIguel Gonzalez e Ana Perez Imia edis de Ponteceso
Salva Eiroa, MIguel González e Ana Perez Imia edis de Ponteceso
Os edís Miguel González Gómez, Salvador Eiroa Ameijenda e Ana Perez Imia foron cesados das súas áreas

Tras modificar a Xunta de Goberno, o seguinte paso do alcalde de Ponteceso para desfacerse dos edís socialista contrarios é cesalos das súas áreas de goberno.

Os tres concelleiros recibirion a notificación telemática do seu cese mediante, alegando “a falta de confianza” como un dos motivos para tal cese. Un argumento que xa utilizou cando cesou a Faustino Lema aló por maio, para despois cambiar as palabras por “típicos desencontros2 cando tiña lugar unha pasaxeira reconciliación. “Tales actitudes falan por si soas”, sinalan os edís afectados nun comunicado: “Donde digo digo digo Diego e continuamos como si nada”.

O alcalde pediu a súa dimisión, pero os edís lémbranlle que foron 6 os edís (incluída unha concelleira que agora se mantén ao se lado) os que pediron a súa dimisión nun escrito.

Queren lembrar que, en todo caso, “os concelleiros cesados seguimos coordinando e traballando nas nosas áreas ata o momento da notificacion do cese, a pesar da mala relacion que había, porque os veciños non merecen pagar a sua falla de criterio, pero dende logo moito en Ponteceso e o seus habitantes non pensa, cando segue no cargo con so dous apoios no pleno de 13... se cadra ten que reflexionar máis, e querer de verdade o ben da nosa pequena Ponteceso”.

Novas da crise do #PSOEPonteceso

Comentarios