Emotividade e risas para o comezo do #Festiletras2015
Grandes nomes pasarán polo Couto ao longo desta semana no completo programa do Festiletras. Un programa que convirte á pequena #AldeadoCouto na #AldeadasLetras, a capital da cultura galega.
Arrincaba onte o programa e o facía con persoeiros de renome. Pola mañá era o escritor Víctor Freixanes o que facía o pregón e, da man do músico, Roi Casal, facían unha sentida ofrenda floral no monolito de Pondal ao son das gaitas e as pandeiretas da Fundación.
A lareira da Fundación enchía para escoitar as primeiras palabras. O propio Freixanes tomaba a palabra, esa vilipendiada que tanto cómpre coidar. Falou do homenaxeado este 201, Filgueira Valverde, pero a realidade é que falou máis dun home moi vencellado ao Couto como e Neira Vilas. Falou tamén unha das rapazas que mellor explica o éxito formativo alternativo da Asociación Monte Branco. Tamara Lema é unha dinamizadora vitalista, voluntaria na Fundación e na Asociación, que coida e ensina, que demostra que crecer rodeada de cultura fai máis puro o espírito. Outra das que pon a pel de galiña lendo, precisamente a Neira Vilas.
Roi Casal tamén defendeu a cultura pero coas súas mans e unha arpa que puxo a pel de galiña aos presentes.
A emoción tórnase risa
E xa pola noita, cambiamos emotividade por risas. Cheo, coma sempre, na Casa dos Veciños para escoitar a 4 figuras. I é que poucos mellores hai polo país para contar historias. Nada menos que Xosé Touriñán e Marcos Pereiro, que deixaron os traxes das Cantareiras de Ardebullo na casa e compartiron o seu humor cos veciños da volta; ademais do mazaricán Federico Pérez Rey e Pepo Suevos. Unha boa tribu de amigos do audiovisual e do humor galego máis vangardista, que fixeron as risas de todos os que tiveron a ben disfrutar deste espectacular arranque da festa das letras máis fermosa do país.
O programa continúa
Ollo agora, que quedan 7 días sen parada. Hoxe luns, como toda a semana, roteiro pondaliano matutino para todo o que se achegue con Xabier Couto. O eterno contacontos Anxo Mouro trae o seu Carballo con botas. E pola tarde, outra das grandes figuras, o “Castelao do século XXI, Luís Davila, que todos coñecemos polas súas viñetas de O Bichero, pasará a asinar libros e contar como é a súa percepción da idiosincrasia galega.
Para rematar o luns, entre Lusco e Fusco e antes da Degustación gastronómica na Taberna Agra de mares, un pouco de regueifa dende o centro do país con Pinto d’Herbón e o Caruncho.
Máis información
Novas relacionadas
- Variedade cultural en Carballo polas Letras Galegas do vello profesor.
- Amancio Prada, o primeiro gran nome do Festiletrsa 2015.
- A Real Academia Galega chega por primeira vez á Costa da Morte para celebrar os 180 anos de Pondal.
- Os Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal.
- Simposio 2014: A música e a literatura volve encher a Fundación Eduardo Pondal.
- Simposio 2014: Pondal une á cova céltica da literatura da Costa da Morte.
- De Pondal a Díaz Castro, polas verbas de Xurxo Souto e os solpores de Xulio Barreiro.
- O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.
- A mocidade voluntaria do Couto levanta a man.
- 10-13: Do enorme traballo de canteira dende O Couto.
- O Couto refrenda a sintonía de Neira Vilas na Costa da Morte.
- A Aldea sostible do Couto salva ao rural mundial a base de cultura.
- A Fundación Fernando Blanco prepara un Mes de outubro de vertixe cultural.
- O Couto, un experimento universitario para salvar ás aldeas de todo o mundo.
- Que facermos para lles transmitirmos o galego ás xeracións máis novas?.
- A Fundación Eduardo Pondal é galardoada co V Premio Rosalía de Castro de Lingua e Cultura.
- Adrián Varela, da canteira do Couto: “Non cremos o suficiente na nosa zona”.
- Festiletras 2014: A Aldea das Letras abre os ollos a outros mundos para seguir facendo país.
- Festiletras 2013: As grandes actuacións encheron a Aldea do Couto de Letras.
- Festiletras 2012: Cheo tras cheo no espectacular Festiletras da aldea do Couto.
- Festiletras 2011: Hai canteira para a Festa das Letras do Couto.
- A mocidade que forma.
- Óscar de Souto: Esa amante secreta de Eduardo Pondal.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).