Martes. 23.04.2024
El tiempo

O Festiletras 2015 xa ten o seu primeiro gran nome

O Festiletras 2015 xa ten o seu primeiro gran nome
Amancio Prada no Festiletras 2015 Un dos primeiros carteis do Festiletras 2015

Estamos desexando que chegue o mes de maio. E non polas eleccións (vaia que non) ou polo soliño (iso si…) Estamos desexando que chegue para disfrutar da meirande festa do país polo Día das Letras Galegas. I é que a festa máis fermosa, máis completa, máis auténtica de Galicia non se fai en Santiago, na Coruña ou en Vigo, non, faise na pequena Aldea do Couto.

Por iso lle chaman a Aldea das Letras, que ata fai que a Real Academia Galega se traslade por primeira vez á Costa da Morte para celebrar os 180 anos de Pondal.

Pois temos o primeiro gran nome das Festiletras 2015. A Asociación Monte Branco e a Fundación Eduardo Pondal xa levan tempo armando un completo programa, pero irán, de aquí a esa primeira quincena de maio, descubríndonos pouco a pouco o cartel.

O primeiro nome é nada menos que o de Amancio Prada. Este histórico músico galego, nado no Bierzo, pasa por ser un dos mellores embaixadores da lírica galega en todo o mundo. Ten cantado poemas dos máis grandes autores galegos, como Rosalía, Cunqueiro, ou os versos máis nosos de García Lorca. Premiado en innumerables ocasións, Amancio Prada será un dos tesouros que poderemos escoitar, e mesmo tocar, no #Festiletras15.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios