Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O BNG presenta 3 enmendas aos Orzamentos da Xunta por esqueceren Ponteceso

Fatima Rodriguez con Daniel Perez do BNG Bergantinos
Fátima Rodríguez con Daniel Pérez
O BNG presenta 3 enmendas aos Orzamentos da Xunta por esqueceren Ponteceso

Xa presentaron enmendas dende Laxe, Malpica, Muxía, Cee ou a nivel comarcal. Pero o BNG vai seguir presentando alegacións aos Orzamentos da Xunta 2024, concello a concello, como acontece tamén en Ponteceso. O BNG critica o esquecemento dos Orzamentos á vila de Pondal (non incluiu ningunha partida para este municipio), e vén de presentar varias enmendas centradas en conseguir dotación orzamentaria para levar o saneamento integral ás parroquias.

“Desde o BNG de Ponteceso rexeitamos a idea caciquil de que Ponteceso deba recibir fondos autonómicos porque agora o goberno municipal sexa da mesma cor que o da Xunta, Ponteceso debe estar incluído no orzamento porque hai necesidades manifestas en materias propias da Xunta ou compartidas co Concello, e non atendelas é considerarnos unha localidade de segunda”, sinala a voceira local Fátima Rodríguez.

Así, as enmendas presentadas polo grupo nacionalista, que se debatirán a vindeira semana no Parlamento Autonómico, son 3:

  • 1,5M de euros para continuar a dotación de saneamento integral en todas as parroquias, rematando a habilitación do servizo onde só hai polo de agora alcantarillado sen aproveitamento e planificando a chegada do servizo integral ás parroquias que carecen del, que son a maioría.
  • 1,0M de euros para modernizar e cambiar de ubicación a EDAR de Ponteceso cuio ubicación dentro do casco urbano supón un foco de cheiros e malestar para a veciñanza e o pequeno comercio da localidade, a maiores de que está provocando un foco de insalubridade por deficiencia de funcionamiento e verquidos puntuais pola obsolescencia da infraestructura.
  • 150.000 € para iniciar a construción dun centro de día que permita a atención completa por equipos multidisciplinares das persoas usuarias coas garantías que merecen.
     

Máis novas

Comentarios