Lemas, música e deseños polo 25N no IES de Ponteceso
10:10 26/11/24
Outro dos centros de ensino que celebrou varias actividades arredor do 25N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller foi o IES Eduardo Pondal.
O luns o alumnado elaborou un tendal colaborativo que se foi conformando coas camisetas dos alumnos e alumnas da ESO e da FP. As súas reflexións en forma de lemas e imaxes únense para dicir basta á violencia contra as mulleres.
Estas mensaxes foron acompañadas de música, da man da ex-alumna do centro Clara Amado, que puxo voz a esta reivindicación cun concerto no centro.
O venres 29 visitarán o centro as Avoas de Laxe, presentando a súa obra “O meu camiño”, como fixeron onte no IES de Baio.