Mércores. 04.08.2021
El tiempo

Os percebeiros de Corme volven ao Roncudo

Percebeiros de Corme nas pedras do Roncudo
Percebeiros de Corme nas pedras do Roncudo
Os percebeiros de Corme volven ao Roncudo

Non haberá festa, pero o percebe do Roncudo, o “mellor do mundo” segue medrando nesas rochas perigosas. Estes días, coa boa mar que está habendo, a confraría abríu onte e máis hoxe, e os profesionais puideron ir ás pedras máis famosas, como a do Roncudo, ou a Pedra da Maior, xusto debaixo da farola.

Pedras que levan sen tocar dende o verán pasado, e que coma nas tres xornadas de comezos de xullo (o pósito tamén abriu a zona do Roncudo os días 5, 6 e 7 de xullo), están dando uns percebes de grandísima calidade. E de gran tamaño os que colleron os 34 [email protected], entre os que se atopan 4 mulleres.

Decidiron abrir un par de días á semana para intentar estirar a temporada e facer o menor dano posible ás pedras para poder volver outro par de días en agosto.

Percebes como punos no Roncudo
Así foron os percebes do Roncudo de onte

De calquera xeito, están contentos cos prezos, que está conseguindo Paco Moinelo, o que subasta o 95% do percebe cormelán, no muro da Coruña. O grande estase vendendo a 80-90 euros o kilo; o mediano a 50 e o pequeno a 20-25.

Esperan en agosto ter outra tacada, mentres preparan, con todos os compañeiros do resto de Galicia, un bo ataque á Consellería de Mar arredor da falta de resolución ao conflito da mexilla, do que falaremos estes días.

O patron maior de Corme nas pedras do Roncudo
O patrón maior de Corme, Roberto Vidal, nas rochas do Roncudo

NOVAS SOBRE PERCEBEIROS

comentarios