Martes. 27.10.2020
El tiempo

Recunchos da Costa: A praia da Barda

Recunchos da Costa: A praia da Barda

Un dos pequenos remansos de paz da costa pontecesá chámase a Praia da Barda, situada ao norte de Corme. Recollida por unha xeitosa enseada, a praia, que ten dous areais, fica agochada de grandes aglomeracións e permite respirar o aire salvaxe da Costa bergantiñá.

Cunha agradable area blanca e fina, rodeada de rochas e de monte raso, conta no centro cun pequeno piñeiral que dá sombra a unha serie de casetas de pescadores que agora tamén se usan a modo recreativo. Non é difícil ver familias comendo nos galpóns xa acondicionados para esas citas dominicais familiares a pé da area.

Recunchos da Costa-Praia da Barda-Ponteceso

Recunchos da Costa-Praia da Barda-Ponteceso 1

A praia forma parte da segunda etapa do Camiño dos Faros puidendo comprobar a cara de satisfacción que viven os camiñantes cando se atopan por este pequeno oasis. Un Camiño que se pode aproveitar para facer unha excursión e así poder ver o areal dende os laterais da ensenada.

O Camino dos Faros na Praia da Barda

Como chegar

Para chegarmos cómpre coller a AC-424 que une Ponteceso e Corme. Pasado o desvío cara Niñóns hai que coller un desvío á dereita xusto á entrada de Guxín. Dende aí seguir a estreita pista asfaltada ata a porta da praia.

 

Outros RECUNCHOS DA COSTA

comentarios