O PSOE de Santa Comba presenta enmendas aos Orzamentos da Xunta para a AC406 e o futuro Centro Médico

Nova análise municipal dos Orzamentos da Xunta para 2023. Neste caso é o PSOE xalleiro, da man do canddiato á alcaldái Alberto Romar, o que lamenta o “esquecemento e menosprezo do goberno de Alfonso Rueda aos concellos rurais da provincia”.
O grupo vai presentar enmendas para esixir melloras en infraestruturas, ensino e sanidade, vencelladas á situación da estrada AC406, as graves deficiencias nos CEIP Barrié de la Maza e Pepe Xan Baña, e o futuro do Centro Médico da vila centran a súas demandas.
O PSOE de Santa Comba considera totalmente insuficiente a achega prevista pola Xunta para a estrada AC406 que une Santa Comba e Portomouro, pois o goberno só prevé 750.000 euros para acondicionar este tramo, “o que é completamente insuficiente tendo en conta que os 1,9 quilómetros xa executados no 2019 tiveron un valor de 4,2 millóns de euros”.
Lembran ademais que o Barrié de la Maza necesita unha renovación integral que pasaría, entre outras actuacións, polo cambio de cubertas debido aos problemas coas filtracións e o cambio de fiestras, persianas e de iluminación por novos puntos de luz con tecnoloxía LED que aseguren o aforro.
Ademais, piden que inclúan o futuro do centro médico de Santa Comba.
Novas relacionadas
- O PSOE de Corcubión presenta enmendas aos Orzamentos da Xunta e pide case 3 millóns de euros para.
- O PSOE Costa Atlántica lamenta a falta de compromiso dos Orzamentos da Xunta coa Autovía.
- Socialistas de Bergantiños critican a falta de investimento na comarca.
- Socialistas de Coristanco e Malpical lamentan a falta de investimentos nos Orzamentos da Xunta.
- O BNG critica que os Orzamentos da Xunta inclúan partidas repetidas dende hai 12 anos.
- Os Orzamentos da Xunta inclúen, un ano máis, unha partida para o Corredor Baio-Berdoias.