O TSXG tamén acepta a suspensión cautelar dos permisos para construír o parque eólico Monte Toural
- A Sala considera que queda acretidado “un risco de dano irreparable derivado da execución das obras que permite a autorización”.

Hai xusto un ano que ADEGA e o Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica presentaban recursos para paralizar o megaproxecto eólico de Campelo, Bustelo e Monte Toural, sito nos Concellos de Coristanco e Santa Comba, por unha hipotética e evidente “fragmentación irregular”. A xustiza aceptaba en outubro a paralización provisional do proxecto de Campelo, e unhas semanas despois facía o propio co de Bustelo.
Hoxe, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anuncia que “acolle a solicitude de medida precautoria consistente na suspensión da desestimación do recurso contra a resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais pola que se outorgan as autorizacións administrativas previas e de construción ao parque eólico”.
A Sala entende que “concorren as circunstancias que xustifican a adopción da medida precautoria solicitada”. Así, destaca que é “clara” a existencia dun hábitat ecolóxico que “con certeza” se vai ver afectado polas obras. Ademais, salienta que ese hábitat está recoñecido no Inventario de Humedais de Galicia e no Catálogo de Paisaxes de Galicia, e lamenta que no proxecto non recolle “ningún destes extremos relativos á singularidade e catalogación de espazos e especies foi discutido”.
A Sala asegúralle á empresa promotora, Greenalia, que os 12 millóns que afirman ter investido, “non se van perder”. O tribunal acordou a suspensión do acto sen necesidade de prestación de caución. Contra a resolución cabe interpoñer recurso.
Novas relacionadas
- A sociedade civil recauda 20.000 para frear os proxectos eólicos de Campelo e Bustelo.
- O TSXG tamén paraliza cautelarmente o P.E. Bustelo.
- O TSXG paraliza cautelarmente o proxecto eólico do Campelo por “fragmentación irregular”.
- A veciñanza de Mazaricos vence unha batalla contra os eólicos de Villar Mir.
- Xaneiro 22: ADEGA e O FDJCC presentan recursos ante o TSXG contra o megaproxecto eólico de Campelo, Bustelo e Monte Toural.
Máis NOVAS SOBRE OS PROXECTOS EÓLICOS
- Nace a Plataforma "Vendaval" para loitar contra a invasión eólica.
- O Concello de Santa Comba presentará alegacións contra a ubicación do parque eólico Alvite II.
- Europa comprométese a estudar as denuncias contra a marea eólica en Galicia.
- ADEGA e o BNG levan a “invación eólica” a Bruselas.
- 4-12-2021: A Xunta confirma que o 30% de Galicia quedará afectada polos eólicos.
- INFORME: O novo impulso eólico propón máis de 40 novos proxectos na Costa da Morte.