Martes. 08.10.2024
El tiempo

As Anpas Galegas conclúen en Vimianzo que hai que seguir mobilizándose polo ensino público e de calidade

As Anpas Galegas conclúen en Vimianzo que hai que seguir mobilizándose polo ensino público e de calidade
II Encontro de Anpas en Vimianzo

A Confederación de Anpas Galegas escollía Vimianzo para realizar o II Encontro de Anpas. E o fixo despois do gran traballo durante este ano da Federación de Anpas da Costa da Morte, levando a voz cantante na loita pola defensa do enisno público e de calidade en toda Galicia.
E seguirán, pois como nos conta o voceiro Xosé Antón de la Fuente Subiela: “Non queda outro remedio que seguir mobilizándonos diante da xordeira focalizada dos gobernos centrais e galego”.

Foi unha xornada intensa e completa, dividida en dúas partes. Pola mañá falouse da formación e a tarde adicouse á confraternización, “unha xusta mestura de razón e sentimento positivo para compartir entre todas e todos”. Pola mañá, mentres se producían as sesións de reflexión e debate, os cativos disfrutaban don servizo de ludoteca infantil atendido por dúas especialistas que necesitaron axuda doutros colaboradores, diante da masiva afluencia nas primeiras horas da mañá. Contacontos, pinturas, xogos participativos, manualidades e bailes para as cativas e cativos encheron de festa o pazo da cultura de Vimianzo.

II Encontro de Anpas Galegas en Vimianzo

O alcalde vimiancés Manuel Antelo abríu a sesión falando da terra. Xa en materia, Javier Sánchez García, presidente de Anpas Galegas, repasou a necesidade da existencia das Anpas, “unha realidade necesaria na defensa do Ensino Público Galego”. Elvira Lombao Vila, secretaria da Anpas Galegas falou da xestión, tratando asuntos tan arduos e importantes ao tempo como a lexislación, normativas e aspectos prácticos… Foi a costeira María Rei Vilas a que se puxo o mono de loita para falar en clave crítica da “LOMCE, situación actual”.

As conclusións da densa xornada da mañá, que obrigou a continuar o debate no xantar, terán que sacalas, agora, cada federación e as diferentes directivas de cada ANPA xunto aos seus asociados (cumprimento da normativa sobre a lexislación de asociación e o incesante apertar de torca do goberno liberal - conservador, coa publicación do recente decreto do currículo de primaria, e os seguintes que van aparecer en ben pouco tempo).

Pola tarde dou tempo a disfrutar dos Quinquilláns en familia, e mesmo de pasear ata o Cabo Vilán.

II Encontro de Anpas Galegas en Vimianzo

Poden ver as imaxes do Encontro.

Novas relacionadas

Máis novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

Comentarios