Mércores. 01.05.2024
El tiempo

O Villa de Cee FSF acostúmase a gañar

O Villa de Cee FSF acostúmase a gañar
O VIlla de Cee FSF sumaba a sua segunda vitoria consecutiva-Foto-FB do Villa de Cee

O Fisober recibía o sábado en Vimianzo ao Calceatense tentando sacar algo positivo e acercarse a parte nobre da clasificación pero as visitantes foron máis efectivas e leváronse os tres puntos. Quedaba claro que non foi a fin de semana do Fisober, pois o filial tamén caía.

E se o Ponteceso FSF segue moi firme na Liga Provincial, a nova da xornada era a 2ª vitoria consecutiva e 1ª vitoria na casa do Villa de Cee FSF. Unha vitoria que confirma que as rapazas de Jorge Calabanda están colléndolle o pulso ao campionato, deixando atrás os erros provocados pola novatada. Parece que o "Póker A" estálle a funcionar ben a Calabanda.

2ª División Estatal

  • Resultado: FISOBER F.S.F. – CALCEATENSE (2-4).
  • FISOBER: Martina, Patri, Ana, Noelia e Raquel; tamén xogaron: Elsa, Inés, Nuria e Olalla.
  • Goles: 0-1 Carla, 0-2 Carla, 1-2 Nuria, 2-2 Patri, (descanso), 2-3 Carla, 2-4 Tania.

As baixas na portería por lesión de Eva e Paula, esta última leva lesionada dende a pretempada, provocaron o debut de Martina unha das porteiras do filial na categoría. O Fisober non entrou ben no partido e non xogou ca intensidade que o fixera en Bilbao no seu anterior partido. As visitantes tentaban aproveitar algunha contra para adiantarse ou aislar a súa pivot no un para un e dende esa posición de vantaxe propiciar o ataque.
E funcionoulles xa que Carla lograba adiantar as súas. Tocáballe remar contra corrente o Fisober. E peor se puxeron as cousas cando nunha contra de novo Carla marcaba e poñía o cero a dous no electrónico. Parece que nese momento decidiu cargarse as pilas o Fisober e dar un pouco máis. Comezaron a chegar as ocasións e a porteira visitante Alaine comezaba a ser protagonista. Así a oito para o fin desta primeira metade Nuria aproveitaba un balón para poñer o un a dous.
E a catro para chegar o tempo de lecer era Patri a que voltaba a igualar o electrónico. Apareceron máis ocasión para as locais e algunha para as visitantes pero con dous a dous chegouse o tempo de lecer.

A segunda metade aparecía co mesmo guión ca primeira. Pero todo trocou cando Carla a dezaseis para o fin facía o seu terceiro gol.Voltaban a estar por detrás no marcador as da Costa e a ter que remar. Seguiron dominando e con ocasións , pero quizais xogaron demasiado precipitadas polas ansias de igualar o tanteador.
Segundo ían pasando os minutos máis protagonista se facía Alaine que non lle daba opción de gol o Fisober. A máis clara para Raquel que non foi quen de superala no man a man. A falta de dous minutos para o fin o Fisober decidiuse polo ataque de cinco con porteira- xogadora, e conseguiron un oco para unha Inés que tampouco foi quen de superar a porteira. A corenta segundos para o fin Tania recuperaba un balón e poñía o definitivo dous a catro sen porteira.

A pesares de non facer un bo xogo e de xogar demasiado ansioso o Fisober mereceu máis ante un Calceatense que xogou tranquilo e aproveitou as súas oportunidades.

A liga agora descansa aínda que o Fisober xogará o día 14 o seu partido aprazado fronte o 4 Arcos Logroño.

Liga Provincial, xornada 8

  • Resultado: A FERVENZA “B” – FISOBER F.S.F. “B” (4-2).
  • FISOBER B : Anabel, Noelia, Andrea, Tamara e Paula Fandiño; tamén xogaron: Laura e Alejandra.
  • Goles: 1-0 Andrea Rodríguez, 2-0 Andrea de Paz, (descanso), 2-1 Paula Fandiño, 3-1 Natalia, 4-1 Andrea de Paz, 4-2 Paula Fandiño.

O filial do Fisober desprazábase na tarde do sábado a Narón para disputar un duelo de filiais, e desta vez tocoulle xogar de vermello as da Costa pero parece que non lles deu sorte e seguen ca súa mala xeira de resultados, ante un A Fervenza B que se colocou líder.
Arrincaba o partido con dominio local e o Fisober B tentando defenderse e saír a contra. A pesares das ocasións locais o electrónico non se movía e de vez en cando as visitantes poñían en algún que outro apuro a portería local.
Cando se entraba nos últimos minutos da primeira metade Andrea Rodríguez aproveitaba a súa oportunidade e dáballe vantaxe A Fervenza B. Parecía que se chegaría con ese resultado o tempo de lecer pero Andrea de Paz facía o segundo para as locais chegando o último minuto.

A volta dos vestiarios o dominio local xa non era tan palpable e non chegaban co perigo da primeira metade. E así mediada esta segunda metade Paula Fandiño aproveitaba unha falta indirecta para apretar o electrónico poñendo o conseguinte medo no corpo as locais.
Nos últimos minutos dous goles case seguidos de Natalia e Andrea de Paz pechaban definitivamente o encontro e deixaban a vitoria na casa. A pouco para o fin de novo Paula Fandiño facía o definitivo catro a dous.

A pesares de que a Liga sofre un parón de dúas semanas o Fisober B adiantará o venres día 6 o partido que debía disputar o día 21 de Decembro a petición do Troula de Betanzos, así que xogará en Betanzos o venres e en principio logo non tería outro partido oficial ata Xaneiro.

Liga Provincial, xornada 8

  • Resultado: A.D. Vila de Pondal-Concello de Ponteceso FSF - Espartanas FS (5-1)
  • A.D. Vila de Pondal-Concello de Ponteceso FSF: Salomé, Ana, Martina, Carla e Carmen - tamén xogaron - Alba, Bea, Laura e Zeltia.

Comezaba o encontro con intensidad e coas coruñesas con ganas de levar o control do partido, tocando o balón e achegándose á porteria que outra vez defendía Salomé, pero as pontecesanas, a pesar de contar coa baixa de Sandra, aguantaban ben en defensa os ataques das visitantes e tamén tiveron varias ocasións nos primeiros minutos. E non tardaba en chegar o primeiro tanto de encontro, xa que no minuto 10, a visitante Ana metía na súa propia portería un balón que Alba poñía ben no primeiro pao. As coruñesas non se viñeron abaixo co tanto encaixado, e ós 5 minutos Adriana tivo a oportunidade de igualar o marcador, pero o balón foi ó pao. Si reaccionaron as locais a esta xogada e saíndo co balón tocado desde atrás, provocaron unha falta ó borde da área que, tras o saque de Bea, Alba se encarga de transformar aumentando así a vantaxe no marcador. O bo ataque das visitantes fixo que as locais fixeran bastantes faltas e, no minuto 17, Rebeca lanzaba fóra un doble penalti que podía supoñer recortar o marcador. Pero non tardaba en chegarlles ó gol, pois 3 minutos despois, Rebeca lanzaba outro doble penalti que paraba Salomé, pero Adriana conseguía meter o balón na portería ó coller ó rechace. Poñíase o 2-1 no marcador a falta de 2 minutos para o descanso, resultado co que os equipos iban ó vestiario.

A segunda metade comezaba con menos intensidade que a primeira, pero pouco a pouco ambos equipos iban collendo o ritmo e volvendo a ter oportunidades. No minuto 31, Ana rouba o balón e tras unha boa contra, Carmen poñía o 3-1 no luminoso. Os seguintes minutos fóron un tira e afrouxa tanto das xogadoras de Barca e Curro como das de Juan Miguel, con algunha que outra oportunidade clara como un tiro de Bea para as locales que manda rozando ó pao e outro de Ana para as visitantes que tamén pasa cerca da portería. Ás coruñesas incluso se lle anulou un gol por marcar de forma directa nun tiro de falta indirecta. Pasaban os minutos e o marcador non se movía, ata que tras un roubo de balón de Carmen no campo contrario, seguido dunha boa xogada individual, ela misma se encarga de facer o 4º gol da tarde para o seu equipo. Ó pouco de sacar as Espartanas do medio, Carla corta a traxectoria do balón, que lle chega a Bea e con xogada por banda incluída, regálalla a Laura ó segundo pao para que esta faga o que sería o último gol do encontro. Quedaban dous minutos para o final do partido, pero non se perdía a emoción. Nos últimos segundos as visitantes tiveron unha nova oportunidade en forma de doble penalti para acortar distancia, pero Salomé evitou que o balón traspasase por segunda vez a liña de meta. Rematou así o partido, co 5-1 no luminoso e coas pontecesanas escalando postos na clasificación gracias a estes 3 puntos conseguidos na casa. Foi un encontro bonito entre dous equipos que se coñecen e que loitan por optar ós primeiros postos da táboa.

Esta fin de semana no se disputa ningún partido da Liga Provincial Feminina.

Liga Provincial, xornada 8

  • Resultado: Villa de Cee FSF - Troula FS (8-2)
  • Villa de Cee FSF: Belén, Adriana, Alba, Ana e Andrea. Tamén xogaron Claudia, Carla, Sofia , Bea, Maria, Tati e Raquel.
  • Goles: Ana Trinidad (2), Andrea Romero (2), Adriana (1), María (1), Tati (1) e Alba Trillo (1).

Comenzou a primeira parte onde o adestrador Jorge Calabanda repetía o equipo inicial da anterior semana, que tan bo resultado lle dera. Volveu a poñer de xogadora de campo a porteira titular Adriana, formando no Póker A.
O partido repetiu o guión da semana anterior, con posesións largas do balón por parte do Vila de Cee, presión o rival cando non o tiña, generando ocasions de gol e sen sufrir en defensa. Resultado disto foi a poñerse 4-0 , non obstante a relaxación do Vila nos últimos minutos xenerou que o Troula marcase por duas veces chegando o descanso cun 4-2.
Na segunda parte as rapazas de Calabanda, volvendo ca alineación do poker de "A", cortou calquera posibilidade de remontada do Troula, chegando así o resultado final de 8-2, repetindo o guion da primeira parte, pera desta vez sen relaxación algunha.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios