Organizan unha charla informativa sobre o impacto do aínda vixente Parque Eólico Pena dos Mouros sobre os Penedos
Non para a mobilización para deixar libre de eólicos a zona dos Penedos de Traba e Pasarela, a pesar das dúas batllas vencidas, coas anulacións dos Parques Eólicos Monte Chan, e Soesto. Pero como Xalertaba tamén ADEGA, os Penedos seguen ameazados pola sobra dos 7 aereoxeneradores do Parque Eólico Pena dos Mouros.
Para demostrar que a mobilización social que conseguir gañar as dúas primeiras batallas segue viva, e que non vai cesar ata que os viraventos fiquen lonxe deste singular Espazo Protexido, a Plataforma SOS Penedos xunto co Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte organiza este venres, 14 de abril de 2023, ás 19:30h na Casa da Escola Labarta Pose de Pasarela unha charla informativa sobre o impacto que terán sobre os Penedos de Pasarela e traba a implantación do parque eólico Pena dos Mouros.
A Plataforma quere convocar aos veciños de Pasarela, Calo e Carantoña para saber das implicacións deste proxecto, aínda en proceso de presentación de alegacións ata o 20 de abril, sobre os Penedos pero tamén sobre os montes de Piñeu e Milleira.
”Dende #salvemoSOSpenedos queremos darlle a palabra á Dama, ao Cantor, ao Pallaso Triste ou ao Berrón, para que as súas voces se escoiten en Santiago, en Madrid ou onde faga falta e que os Penedos sigan libres de eólicos”, sinalan.
MÁIS NOVAS SOBRE EÓLICOS
- P.E. Pena dos Mouros: Esixen a paralización do terceiro parque eólico que ameaza os Penedos.
- Marzo 23: A Xunta aproba os proxectos eólicos de Bustelo-Baralláns e do Alto do Torreiro pero denega o de Agrelo e Muriño.
- Marzo 23: Segunda batalla vencida polos Penedos: Declaran desfavorable a DIA do Parque Eólico Monte Chan.
- Marzo 23: A Xunta denega o Parque Eólico de Soesto pola afección aos Penedos.
- Galicia rodeará a Xunta en contra da invasión eólica o vindeiro 23 de abril.
- Carta a un irmán: "Eólicas, así non”.
- María José Mato: Un Plan por xustiza.
- PE Monte Chan: Adiante Vimianzo e BNG presentan alegacións ao PE Monte Chan por afectar á Paisaxe Protexida dos Penedos.
- PE Monte Chan e Pena dos Mouros: A veciñanza de Laxe denuncia dous proxecto eólicos sobre Laxe, Camelle e Vimianzo.