Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A poesía voltou ao rescate dos Penedos

A xornada viviu un ambiente festivo e optimista e serviu de reencontro de moitas personalidades que levaban tempo sen verse
Xan Fdez Carrera da Plataforma Salvemos os Penedos de Traba e Pasarela
Xan Fdez. Carrera foi o voceiro da Plataforma Salvemos os Penedos de Traba e Pasarela
A poesía voltou ao rescate dos Penedos

Como acontecía hai 20 anos, a sociedade civil volveu saír en defensa dos Penedos de Traba e Pasarela. Desta volta o inimigo mudou de canteira a viraventos, pero a defensa do territorio, da paisaxe, deste singular espazo natural, segue a demostrar o compromiso dos colectivos sociais e culturais da Costa da Morte.

A recén constituída Plataforma en Defensa dos Penedos organizaba este sábado un recital-roteiro para loitar contra os 30 aerexeneradores que forman parte dos 2 parques eólicos proxectos por EDP e amparados pola Xunta nesta zona catalogada Paisaxe Protexida.

Unha estrutura industrial que racha co necesario coidado do noso patrimonio natural e xeolóxico, punto chave do noso meirande motor económico, o turismo. Unha estrutura que rompe co proxecto de posta en valor posto en marcha polos Concellos de Vimianzo e Laxe, ao que se sumou a Xunta inextremis rescatando do caixón o Plan de Conservación agochado durante 12 anos.

Sesion nos Penedos-Foto-Alcolitos e eolicos
Foto: @alcolitos_e_eolicos

Trala quedada, amenizada polas gaitas da Trubisquiña, na Escola Unitaria de Pasarela, as máis de 100 persoas comezaron rumbo á pedra multiforme. As caras eran de ledicia, fomentando un ambiente de “alegría e optimismo”, como nos explica o propio Xan Fdez. Carrera, voceiro da Plataforma. “Serviu como lugar de reencontro despois de moito tempo sen vernos”, sinalou Xan en referencia á cantidade de poetas e xentes do mundo cultural que levaban tempo sen coincidir. “Foi un verdadeiro día de convivencia, e seguro que vai quedar na memoria de moitos”.

A zona da pedra multiforme serviu de fantástico auditorio para o recital poético. As xentes sentaban nas laxes, mentres o mellor comunicador da provincia, Xurxo Souto, arrincaba o acto lembrando o sentir de rexeitamento aos viraventos impostos polo “capitalismo salvaxe e subvencionado”. Lembrou a Roberto Mouzo, un dos grandes dignificadores deste espazo, fixo berrar aos presentes aquelo de “Medre Os Penedos” e fixo soar a súa bugina para darlle paso á música de César Morán.

Vidal Romaní fuxo unha intervención pequena a nivel xeolóxico e Xan, como representante da Plataforma, falou en clave de agradecemento á xente que viu de toda a Costa da Morte, e mesmo da Coruña, Santiago…

Pouco a pouco foron pasando poetas de todo o país: Fernán Vello, Mercedes Queixas, Rosalía Fernández Rial, Arancha Nogueira, Estevo Creus, Helena Salgueiro, Modesto Fraga, Miguel Anxo Fernán-Vello, Xulio López Valcárcel, Miro Villar… demostrando que a poesía e o compromiso son irmáns.

Despois arrincou a ruta guiada por Vidal Romaní, que resultou un redescubrimento para moitos, agora que está perfectamente limpa e sinalizada.

Gaitas polos Penedos

Poesia polos Penedos

Durante o acto a Plataforma repartiron estes folletos informativos.

Folleto salvemoSOSpenedos copiaFolleto salvemoSOSpenedos 2

Novas sobre Os Penedos de Traba e Pasarela

Novas sobre eólicos

Comentarios