Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Serj amosou o orgullo costeiro na presentación do seu disco Velaivén

Serj amosou o orgullo costeiro na presentación do seu disco Velaivén
Presentacion de Serj do disco Velaiven de Serj en Vimianzo-Foto-Concello

Que emoción a viviva o pasado sábado na Casa da Cultura de Vimianzo. I é que cando os protagonistas son da casa, a comarca de Soneira saca o seu orgullo e vólcase cos seus. E non podía ser doutra forma co cantante Serj, que presentaba o seu primeiro disco, “Velaivén”, diante dos seus veciños, familiares e amigos.

O emotivo acto, presentado por Alberto Mancebo, unha das voces da TVG, outro veciño ben querido, por Vimianzo, foi un “inmellorable xeito de presentar este novo traballo”, como recoñece o propio Sergio. Un Sergio “desbordado por todo o cariño e apoio que me deu a xente”, i é que, por momentos, os aplausos non lle permitían explicar os pormenores do disco.

Serg estivo acompañado por Xoán Carballo ó teclado, Rebeca Rama á voz e percusión, e Modesto Tajes á guitarra, con Fran Trillo como técnico do escenario, Sonia Amigo, Eva Outes e Rocío Andújar na organización; Leonor Rama, Manuel Outes, Jeni e Lydia no catering; Loly e Lourdes no atrezzo; e Marta Rey na xestión. A todos eles, Serj non pode outra cousa que amosar o seu “inmenso agradecemento” como colaboradores, que fai extensible a todos os espectadores que fixeron unha velada emocionante, non exenta das obrigadas “máxicas imperfeccións que foron aparecendo e que fixeron a gala de presentación inesquecible”.

Serj arroupado polos seus colaboradores e amigos na presentacion de Vimianzo

Xa á venda

Ademais, a gala servíu para vender as primeiras 200 copias. En breve nos confirmará os puntos de venda pero polo de agora podedes pedilos en serj.es e tamén os atoparedes no Celme Café (Vimianzo) e na Peluquería de Loly (Berdoias).

Presentación do vídeo “Costa da Morte”

A presentación do disco traía ademais unha sorpresa, a presentación do vídeo do primeiro single, feito por Xurxo Rodríguez, de Atelier Foto. Nada menos que “Costa da Morte”, un temazo grabado nas nosas fermosas rochas camariñás, no que o artista vimiancés lle canta á súa amada terra.

Aquí o podedes comprobar como lle canta á ”terra do mal e do sol”:


Máis información

Novas relacionadas

Máis novas musiqueiras

Fonte

Comentarios