Tesouros de Berdoias: A Casota e a Mámoa de Freáns
MOSTRA DO PATRIMONIO MATERIAL DA PARROQUIA DE BERDOIAS (XXVII):
PREHISTORIA: A CASOTA E A MÁMOA DE FREÁNS
A CASOTA DE FREANS
A Casota de Freáns, tamén chamada Casota dos Mouros ou de Berdoias, é unha pequena anta situada ao pé dun camiño tradicional, acaroada a un muro lindeiro dunha parcela agrícola, a pouco máis de 800 m de Berdoias.
A partir da segunda metade do século XX foi foco de atención dos estudosos do megalitismo:
- Na década dos 30 a Casota acadou sona internacional tras ser estudada polo matrimonio de arqueólogos alemáns, os Leisner.
- En 1948 foi obxecto de estudo por Luís Monteagudo, e en 1953 por Ramón Sobrino.
- Na primeira década deste século, tralos traballos dirixidos polo arqueólogo A. Rodríguez Casal, a Casota de Berdoias foi unha das antas seleccinadas para incluír dentro do anunciado Parque do Megalitismo da Costa da Morte, aprobado pola xunta en 2016.
- Esta Casota é de planta rectangular de tres lousas chantadas verticalmente, ben encaixadas, e cunha tampa de cubrición monolítica. A súa forma, a ausencia de corredor e de túmulo fan considerar ós arqeólogos que forma parte das arcas megalíticas, antecesoras das cistas da idade de Bronce, entre o 2.500 e o 2000 a. C.
Nas caras internas das tres lousas verticais ten gravados: Coviñas e cruces, distribuídas dun xeito peculiar que levou a que varios autores formulasen hipóteses dun mapa estelar, da posible representación de constelacións, no que cada coviña se correspondería cunha estrela.
Na parte exterior da tampa hai unha cruz histórica, e tamén dúas coviñas.
A Casota de Freáns, foto dos Leisner
A Casota de Berdoias e parte dos seus gravados
Calcos das tres lousas verticais con gravados. (do C. A Rula e de Árbore, Arqueoloxía e Restauración)
Nunha xeira nocturna organizada polo C. A Rula
A Mámoa de Freáns
A mámoa de Freáns está situada a 700 m de Berdoias, nun prado natural a carón do mesmo camiño tradicional que conduce á Casota, que queda 200 m máis adiante.
É unha tumba composta por un túmulo, un pequeno amoreamento de terra de 1,30 m de altura, de planta, neste caso, ovalada: con diámetro N-S de 17,50 m, e con diámetro E-W de 22, 70 m.
A forma de casquete esférico deste túmulos, sobre todo os de planta circular, recordan a unha mama, de aí o nome que se lle dá.
As mámoas acubillan no seu interior un sepulcro de pedra, unha anta, aínda que hai mámoas que xa non se lle atoparon.
Nesta mámoa de Freáns, a falta de escavación, non se aprecia polo exterior restos nen presencia de sepulcro de pedra.
Debuxo de X.M.Lema do seu libro “Polas antas e mámoas da Costa da Morte (2006)
A mámoa de Freáns (Foto de Manuel Rial)
- *A información básica sobre este texto e unha parte das fotos proceden:
- Da publicación do Colectivo A Rula: “Na espiral dos círculos concéntricos (2019)
- Da publicación de Xosé María Lema: “Polas antas e mámoas da Costa da Morte” (2006).
TESOUROS DE BERDOIAS
- Tesouros de Berdoias (XXVI): Prehistoria. Os Petroglifos.
- Tesouros de Berdoias XXV: As casas-vivenda no lugar de Berdoias.
- Tesouros de Berdoias (XXIV): As vellas Casas-Vivenda (I): A Casa Grande de Alonso de Lema II e o Pazo de Martiño de Castiñeira.
- Tesouros de Berdoias (XXIII): Os pasos: portelas, portais, pasadoiros, portelos, poxados.
- Tesouros de Berdoias (XXII): Os camiños, os cercados, as pontes.
- Tesouros de Berdoias (XXI): Ermidas, Capelas, Cruces e cruceiros.
- Tesouros de Berdoias (XX): Igrexa Parroquial de Berdoias e o Cruceiro do Adro (I).
- Tesouros de Berdoias (XIX): Fontes, Pozos, Lavadoiros, Vertedeiros….
- Tesouros de Berdoias (XVIII): O Curro de Santa Cristiña.
- Tesouros de Berdoias (XVII): Os Pombais.
- Tesouros de Berdoias (XVI): Alvarizas.
- Tesouros de Berdoias (XV): As Lacenas de abellas (e II).
- Tesouros de Berdoias (XIV): As lacenas de abellas.
- Tesouros de Berdoias (XIII): Cabazos vellos, cabazos novos. Cabazos pequenos, cabazos longos….
- Tesouros de Berdoias (XII): Os 99 cabazos da parroquia (I).
- Tesouros de Berdoias (XI): Dous fornos na propia casa-vivenda.
- Tesouros de Berdoias (X): Fornos Grandes - Fornos Pequenos.
- Tesouros de Berdoias (IX): Os Fornos:
- Tesouros de Berdoias (VIII): Os Muíños.
- Tesouros da Parroquia de Berdoias (VII): Unha parroquia de 35 Eiras.
- Tesouros da Parroquia de Berdoias (VI): A Eira do Farruquiño no lugar de Boallo.
- Tesouros da Parroquia de Berdoias (V): A Eira do Carmelo.
- Tesouros da Parroquia de Berdoias (IV): A Eira do Buxán, en Santa Cristiña.
- Tesouros da Parroquia de Berdoias (III): A Eira de Rúa e a Eira da Gaia.
- Tesouros da Parroquia de Berdoias (II): A Eira do Sores, en Romar..
- Tesouros da Parroquia de Berdoias (I): A Eira da Rata