Martes. 01.12.2020
El tiempo

Tesouros de Berdoias (XX): Igrexa Parroquial de Berdoias e o Cruceiro do Adro (I)

Continuamos da man da “Asociación Parroquial de Berdoias“ e do Seminario de Estudos Comarcais (SEMESCOM), recuperando o rico e variado patrimonio que atesouran os lugares da parroquia vimiancesa de Berdoias.
Igrexa de Berdoias
Igrexa de Berdoias
Tesouros de Berdoias (XX): Igrexa Parroquial de Berdoias e o Cruceiro do Adro (I)

MOSTRA DO PATRIMONIO MATERIAL DA PARROQUIA DE BERDOIAS (XX)
CONSTRUCIÓNS DE RELIXIOSIDADE:
IGREXA PARROQUIAL DE BERDOIAS E O CRUCEIRO DO ADRO (I)

2 Fachada da Igrexa parroquial de Berdois copia
Fachada da Igrexa parroquial de Berdoias

A construción de finalidade relixiosa máis emblemática é a igrexa de Berdoias que, a partir do século XVII, sustituíu á antiga igrexa parroquial, hoxe desaparecida, situada daquela no lugar de Grixoa.

Consta esta igrexa de Berdoias dunha nave de planta de salón que comunica coa capela maior, cadrada, mediante un arco campanel sobre piares.

Esta capela está cuberta por unha bóveda de cruzaría nervada e estrelada, con cinco claves. Precisamente na clave central figura o anagrama co nome de Alonso de Lema II, o fidalgo que mandou construír a capala maior en 1617, tal como aparece tamén nunha inscrición dun muro exterior.

A fachada da igrexa, edificada a mediados do século XIX, está presidida, enriba da porta, por unha escultura pétrea de San Pedro, o patrón da parroquia, e sobre todo por unha esvelta torre-campanario, de tipoloxía barroca, rematada por un tambor octogonal e unha lanterna.

3. Interior, capela maior igrexa de Berdoias (foto XMLema)) - copia 2
Interior, capela maior igrexa de Berdoias (Foto: Xosé María Lema Suárez)

4. Bóveda capela maior de Berdoias (foto XMLema) - copia 2
Bóveda capela maior de Berdoias (Foto Xosé María Lema Suárez)

5. Clave central bóveda capela maior igrexa Berdoias) Foto Xmª Lema copia
Clave central bóveda capela maior igrexa Berdoias. Foto Xosé María Lema Suárez

6. Inscrición excterior capela maior (XMLema) - copia 2
Inscrición no exterior capela maior (Foto. Xosé María Lema Suárez)

O cruceiro procesional do Adro

7Cruceiro do adro de Berdoias copia
Cruceiro do adro de Berdoias 

Situado, fronte a fachada da igrexa, na zona oeste do adro. Ten unha plataforma cuadrangular de tres banzos, un pequeno pedestal e un pousadoiro a carón.

No seu varal octogonal ten esculpida en relevo unha figura de S. Pedro.

O cruceiro remata nunha cruz con figuras primitivistas: dun Cristo crucificado e dunha Piedade. O século XVIII é a posible datación do cruceiro.

8. Anverso e reverso da cruz do cruceiro do adro de Berdoitas (foto Roberto MOUZO) copia 2
Anverso e reverso da cruz do cruceiro do adro de Berdoitas (Foto: Roberto Mouzo)

9 Esculturas pétreas de San Pedro, no cruceiro e na fachada da igrexa. copia
Esculturas pétreas de San Pedro, no cruceiro e na fachada da igrexa

Dos traballos de investigación de Xosé María Lema, presidente do Seminario de Estudos Comarcais, proceden datos deste texto, así como fotografías cedidas relativas a detalles da igrexa e cruceiro.

 

TESOUROS DE BERDOIAS

comentarios