Venres. 19.04.2024
El tiempo

Tesouros de Berdoias (XVIII): O Curro de Santa Cristiña

Continuamos da man da “Asociación Parroquial de Berdoias“ e do Seminario de Estudos Comarcais (SEMESCOM), recuperando o rico e variado patrimonio que atesouran os lugares da parroquia vimiancesa de Berdoias.
Cartel dos Curros da Parroquia de Berdoias-Vimianzo
Tesouros de Berdoias (XVIII): O Curro de Santa Cristiña

MOSTRA DO PATRIMONIO MATERIAL DA PARROQUIA DE BERDOIAS (XVIII)
CONSTRUCIÓNS DE CRÍA E HABITACIÓN DE ANIMAIS:
O CURRO DE SANTA CRISTIÑA

Un curro é un espazo ó ar libre cercado por muros de cachotería en seco, de altura variable, un espazo de forma irregular, e onde se gardaban e protexían os rabaños de gando do monte durante a noite. Para estas construcións buscábanse chans resgardados e de certa pendente para facilitar as escorrentías da auga e dos excrementos dos animais.

E tal como así, o curro de Santa Cristiña, ese fermoso cercado, duns seis ferrados de extensión, pechado cun valado de “pedra seca”, loce desde hai séculos no monte que está a carón do lugar. Un espazo de longa historia , xa citado no século XVI polos condes de Altamira, curro onde se gardaba o gando ceibo que andaba polo monte.

Do noso libro de cabeceira: “O CASTELO DE VIMIANZO E OS MOSCOSO DE ALTAMIRA” (Diputación da Coruña 1998, da autoría de Xosé M.ª Lema Suárez e do finado Roberto Mouzo Lavandeira) extraemos foto e este parágrafo completo, das paxs. 48 e 49:

Un documento de 1592 (na época de don Lopo de Moscoso Osorio, V conde de Altamira), danos a coñecer con detalle as obrigas que os vasalos de cada unha das parroquias da xurisdicción de Vimianzo tiñan co señor ó que pertencían as súas vidas e facendas. Esta era unha delas:

… “LEVAR O GANDO CEIBO QUE ANDABA POLOS MONTES ÓS CURROS QUE TIÑA O CONDE EN SANTA CRISTIÑA (BERDOIAS) E CAMELLE, E ALÍ GARDALO”.

1. Mapa de localización do curro de Sta. Cristiña
Mapa de localización do curro de Sta. Cristiña

2  Curro de Sta. Cristiña
Curro de Sta. Cristiña 


O curro, desde a eira do Camaño

4 O curro, visto desde a entrada do lugar
O curro, visto desde a entrada do lugar

5  Mapa do curro e eiras de Sta. Cristiña
Mapa do curro e eiras de Sta. Cristiña 

TESOUROS DE BERDOIAS

Comentarios