Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Tesouros de Berdoias (XXV): As casas-vivenda no lugar de Berdoias

Continuamos da man da “Asociación Parroquial de Berdoias“ e do Seminario de Estudos Comarcais (SEMESCOM), recuperando o rico e variado patrimonio que atesouran os lugares da parroquia vimiancesa de Berdoias.

1 (portada)Berdoias (fotografía de Noelia Pose  copia
Paisaxe urbana de Berdoias-Foto de Noelia Pose
Tesouros de Berdoias (XXV): As casas-vivenda no lugar de Berdoias

MOSTRA DO PATRIMONIO MATERIAL DA
PARROQUIA DE BERDOIAS (XXV):
AS CASAS-VIVENDA NO LUGAR DE BERDOIAS

Berdoias ten hoxe 45 casas-vivenda, aínda que delas permanecen habitadas, na actualidade, tan só 22.

Preto dun 85% destas casas son de pedra que, si as sumamos ás súas construcións adxectivas (28 cabazos, 8 eiras, 18 fornos, 18 lacenas das abellas, 7 muíños… etc ) fan deste lugar toda unha rica e variada mostra da arquitectura popular tradicional.

Quedan exemplares de vellas casas-vivenda que xa se atopan nun estado máis ou menos ruínoso, como:

- A Casa Grande de Alonso de Lema II, datada de 1607, que ten problemas de cuberta, pero que aínda conserva todos os muros exteriores; e tamén construcións anexas: a dependencia, noutrora, destinada a corte do gando; o chan da eira e o cabazo.

2 A vella casa de Alonso de Lema copiaVella fotografía da Casa de Alonso de Lema II

- As casas da Rata e das Ribeiras, das que tan só se manteñen “en pé” os restos dalgúns muros, a piques de caer. Quedan como tesouros das dúas, algunhas das construcións complementarias: os seus cabazos, os pozos, e os fornos; e a carón da da Rata consérvanse rehabilitadas, unha eira e unha cabana.

3 Vella casa das Rebeiras, hoxe en ruínas (fotofrafía de Tino de Coto )8 copiaCasa das Rebeiras, hoxe en ruínas (Fotografía de Tino do Coto)

- A casa do Patín (ou do Gandiño) que perdeu a cuberta a comezos dos anos 80 a causa dun incendio, pero que aínda mantén en pé os seus muros exteriores. É unha construción con dous teitos a dúas augas, compartindo un desaugadoiro central de pedra. Un dos elementos máis singulares desta casa, ó longo da súa fachada norte, é unha escaleira cun patín, noutrora pechado polos laterais e cuberto, que daba acceso ó sobrado.
Na dependencia destinada a cociña aínda ten a lareira, cunha cheminea de considerables dimensións e xunto cun forno moi ben conservado... Nunha das paredes do sobrado perdura tamén unha lareira con cheminea, para calefacción.

4 Fachada norte da casa do Patín (2) copiaFachada norte da Casa do Patín

5 Lareira e cheminea da casa do Patín (1) copiaLareira e cheminea da Casa do Patín

Pero en Berdoias tamén quedan exemplares de vellas casa-vivenda aceptablemente conservadas ou rehabilitadas, como a casa nova das Rebeiras, a da Canleira, a do Mariano, a casa da Sarrama, a do Chibarra, a do Carolo, ou mesmo a Casa do Carmelo, de 1852, que segue lucindo unha fachada remozada, e que conserva no seu interior unha lareira cunhan ampla e monumental cheminea; e unha tulla, dependencia enteiramente de pedra onde se gardaba o gran: trigo, centeo, avea…

6 Vella casa da Sarrama copiaVella casa da Sarrama

7  Casas do Mariano e do Cotorro copiaCasas do Mariano e do Cotorro

8 Fachada da casa do Carmelo copia

Fachada da casa do Carmelo

*(Boa parte da documentación deste texto procede do traballo de campo" Inventario do Patrimonio Etnográfico sobre o concello de Vimianzo" feito en 1993 por Xosé María Lema, Roberto Mouzo e Moncho Gándara.)

 

TESOUROS DE BERDOIAS

Comentarios