A hostalería de Vimianzo prepara os seus Pinchos Irmandiños

Unha da parada obrigatoria arredor do Asalto, e a gastronómica. Ademais da Cea Medieval (esquezanse se non tendes reserva xa…) a hostalería é protagonista coa súa semana de Pinchos Irmandiños.
Esta mañá de luns, precisamente unha ducia de hostaleiros presentaron a súa oferta, nesta 12ª edición do roteiro gastronómico, que se desenvolverán en 12 locais do martes 28 de xuño ao sábado 2 de xullo, en horario mínimo de 12:00h a 15:00h e de 19:00h a 23:00h.
Se a alcaldesa, Mónica Rodríguez agradecía o traballo da hostalería, o seu representante, Carlos Gómez, do Bar Celme, lembrou que “foron ano duros estes dous últimos anos pero intentarémolo facer o mellor posible estou convencido de que imos sacar o traballo adiante. A variedade é extensa, doce creacións excelentes para esta edición”, sentenciou.

Participantes
- Restaurante Montevideo, co pincho Tesouros de Sabadelle;
- A Cervexería Risco, coa súa Torrada de Moscoso;
- Bodegón A Lareira, Porco con bolas caídas de catapulta;
- O Petouco, co Torreón Irmandiño;
- O Agocho, co Enrolado da Santa Irmandade;
- Panadaría Perla, co niño do Castelo;
- Restaurante A Lagoa, co Companagium;
- Algareira, Torreón Cake;
- Café Celme, cun Desexo carnal;
- O Café Bar A Rúa, co Bocado do Mar de Sabadelle;
- Panadería Ignacio coas tetiñas da Condesa;
- Restaurante Vía Rápida, co O.P.C.
Este ano volverán os agasallos irmandiños para as persoas que selen a ruta completa (12 selos). A cartoliña terase que depositar en calquera dos seguintes locais: Café Bar A Rúa, Restaurante Vía Rápida e Restaurante Montevideo. E deberán ter os datos de contacto cubertos e indicar o que, na súa opinión, é o mellor pincho e o local mellor decorado.
Ademais, entre os que completen a ruta sortearase un lote de produtos ESTRELLA GALICIA en función do peso da persoa gañadora. O precio do Pincho Irmandiño será de 2,50 euros e o Pincho Irmandiño más un quinto Estrella Galicia ou auga será de tres euros.
NOVAS DO ASALTO
- Programa do Asalto ao Castelo.
- A Legua Irmandiña abre inscricións para a singular carreira no luscoefusco soneirán.
- Asalto 22: A Feira de Artesanía do Asalto busca artesáns.
- Asalto 22: VIMIANÇUS, a representación irmandiña do Asalto, busca protagonistas.
- Asalto 22: O Asalto poderá celebrar o 25 aniversario como Festa de Interese Turístico Galego.
- Asalto 2022: O Asalto ao Castelo recupera a música e a súa singular representación para celebrar o seu 25 aniversario.
- ”Asalto 2021”: O lume tomou as terras irmandiñas.
- Decembro 2019: O Asalto tamén vai polo bo camiño para ser declarada Festa de Interese Turístico.
- Asalto 2019: A calor irmandiña invadiu Vimianzo nun exitoso Asalto ao Castelo.
- Asalto 2017: O Asalto rexistrou o maior éxito de público da súa historia.
- Asalto 2016: Os irmandiños volven a Vimianzo.
- Asalto 2015: O XX Asalto ao Castelo 2015, xa no youtube.
- Asalto 2015: A representación teatral reivindica a singularidade dos 20 anos do Asalto ao Castelo.
- Asalto 2013: Asalto ao Castelo, a traca final (en vídeo).
- Asalto 2012: O Asalto definitivo (en vídeo).
- Asalto 2012: A Revolta Irmandiña máis numerosa tomou Vimianzo.
- Asalto 2011: O Asalto 2011 en vídeo.
- Asalto 2011: Os irmandiños volveron recuperar o poder do Castelo de Vimianzo.