Fascite Plantar
Este segundo artigo vouno adicar a unha patoloxía habitual en deportistas e concretamente en xogadores de fútbol. A diferenza desta patoloxía é a forma na que se está a producir ultimamente.
Hoxe en día estanse a facer marabillosos campos de fútbol de herba artificial de última xeración que imitan case nun 100% aos campos de herba naturais, pero non son iguais. Xa se observa co simple bote do balón (o bote soe ser máis vivo), así coma a dureza deste a hora de xogar ou adestrar. O campo de herba artificial ou sintético, son campos duros que non absorben os impactos e as pisadas da mesma forma que un campo natural e se lle engadimos un calzado incorrecto, podemos acabar sufrindo a chamada fascite plantar que se está dando cada vez máis en xogadores costeiros.
¿Que é a fascite plantar?
Pois é unha inflamación dun tecido (chamado fascia) que está no pé e provoca moita dor no talón. A finalidade deste tecido, é dar estabilidade e capacidade de absorción dos impactos que sofren os pés. Vémolo na seguinte imaxe:
O pé é unha estrutura anatómica moi importante para os futbolistas, calquera molestia nos pés pode provocar unha futura lesión na cadeira, nos xeonllos, etc.
¿Cales son as causas de esta lesión?
- Sobrecarga: é a máis habitual. E non só da fascia, se non tamén polo sóleo e os xemelgos que se “agarran” o calcáneo.
- Cambio de calzado ou uso de calzado incorrecto: os campos de herba artificial absorben os impactos peor que os de herba natural, polo que os impactos todos das pisadas, dos saltos, etc., vainos absorber os nosos pés. Non é recomendable xogar cas botas de toda a vida (12-13 tacos), xa que os impactos serán a maioría nos catro tacos do talón e por riba son tacos máis longos que os outros. Polo tanto sufrirá máis esa zona. Recomendo as botas xa específicas para herba artificial ou as multitaco que teñan tódolos tacos do mesmo tamaño.
- Terreos de xogo moi duros.
- Problemas óseos: malformación ósea (espolón calcáneo).
- Hinchazón.
- Sensación de calor na zona.
- Tensión na pranta do pé.
- Soe pórse de cor vermella.
- Fase aguda (primeiras 48 horas): Aplicación de frío (Crioterapia) nos episodios de dor aguda (cando máis empeza a doer). O frío limita o inchazón, o hematoma (moratón) e máis a inflamación.
- Fase postaguda (despois das 48 horas): tratamento médico (antiinflamatorios, receitados só polo médico), tratamento fisioterapéutico (ultrasonidos, masaxes, electro-estimulación, etc.). Importantísimo o cumprimento do tratamento.
- Ondas de choque extracorpóreas: nos casos crónicos.
- Taping/Kinesiotaping: vendaxe que axuda a limitar a tensión sobre a fascia (falarase en outros artigos desta técnica de vendaxe). Ollo as vendaxes: “vendar, venda calquera, pero vendar ben, moi poucos”.
- Plantillas feitas a medida: de absorción de impactos, de descarga, etc.
- Cirurxía: se o tratamento non é efectivo e a dor xa é crónica, é a última opción que queda, xa que non sempre a recuperación é total.
- Repouso.
- Pablo Mouro ([email protected]).
- Crónica de Guillermo Parga da Liga da Costa : Liga escocesa?.
- Crónica de Guillermo Parga sobre a situación do fútbol da Costa: Titanic.
- Artigo de Pablo Mouro: Adestrar mal, lesión segura.
- Crónica de Manuel Varela: Exercicio de democracia.
- Crónica de Alberto Pose: Momento para a asociación de clubs da Costa.
- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Cadro da Copa da Costa Xuvenil 2011.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
- 3ª Autonómica: 2 ascensos confirmados e un en cernes.
- 2ª Autonómica: O Ponteceso achégase ao título e o Porteño apreta a zona baixa.
- 1ª Autonómica: 5 equipos en 1 punto e 3 son da Costa.
- Preferente: Seguros en casa e dando minutos á xuventude.
- Resultados dunha xornada completa con ascensos e moita tensión.
- Amador Vidal e Miguel, Deportistas Ilustres homenaxeados no Concello de Vimianzo.
- Copa Xuvenil: Os oitavos comezan coas espadas por todo o alto.
- Video entrevista de Ángel Garrido con Dani García, capitán da UD Cerqueda.
- Completísima entrevista de Pablo Mouro ao adestrador do Xallas Iván Cancela.
- Da incidencia do Facebook no Fútbol da Costa.
- Os segredos máis íntimos dos xogadores do Camariñas.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
- Redacción de QPC ([email protected]).
¿Cómo se pode previr?
Para previr este tipo de lesión é fundamental o calzado (anteriormente explicado), quecer ben (5 ou 10 minutos de carreira continua, por exemplo) e estirar ben (estiramentos específicos para o pe) e corrixir tódolos malos hábitos.
¿Cales son os signos e síntomas?
¿Cómo se trata a fascite plantar?
Esta doenza pode chegar a ser crónica, pero en ocasións a fascite é debida ó espolón calcáneo. O tratamento máis habituais e efectivos nesta doenza son os seguintes:
Os xogadores e adestradores teñen que darse de conta que non fútbol hai que coidar moito os pés, e un calzado bo e adecuado para a superficie onde se xoga, pódenos evitar este tipo de lesión. Unhas predator (que son unas botas de fútbol estupendas) non son as máis idóneas para un campo de herba artificial. Ademais do calzado, unha boa hixiene e hidratación dos pés, daranos menos preocupacións.
Se tedes algún tema ou pregunta sobre algún tipo de lesión ou calquera outra cousa relacionada coa saúde deportiva, propoñédeme temas e intentarei resolver, na medida do posible as vosas dúbidas.