A Laracha tamén asina o convenio de control da pesca recreativa no peirao de Caión

A polémica ordenación da pesca recreativa nos peiraos galegos continúa aberta e cada vez parece máis tinguida de cores políticas. Mentres unha fronte común de concellos, a meirande parte socialistas, amosáronse en contra do convenio imposto por Portos, o ente autonómico vai asinando eses convenios cos concellos do seu partido.
Fíxoo cos concellos de Malpica e Muros o mes pasado e onte facía o propio co da Laracha, quedando na comarca aínda sen permisos os peiraos de Camariñas, Camelle, Fisterra.
O alcalde da Laracha asinaba onte coa presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, ese convenio de colaboración para o control da pesca recreativa no municipio. Deste xeito, recaerá sobre o Concello o control da nova normativa.
Unha lectura que para a Xunta é “ampliar o horario e as zonas autorizadas”, cando na realidade é restrinxir ou regular o uso que se leva facendo do peirao polos pescadores dende hai ducias de anos.
En calquera caso, pódese pescar dende diante da lonxa ata o final do espigón, segundo os mapas de Portos.
NOVAS RELACIONADAS
- Xullo 22: Xa se pode volver pescar no porto de Malpica.
- Xullo 22: Portos asina cos Concellos de Malpica e Muros o regulamento das zonas de pesca recreativa nos peiraos
- Xuño 22: Fronte común de concellos contra o convenio imposto por Portos para o control da pesca recreativa nos peiraos.
- Abril 22: Portos acepta a ampliación das zonas de pesca recreativa en Portocubelo e pon condicións noutros 5 peiraos costeiros.
- Setembro 21: A pesca recreativa volveu saír aos portos reivindicando unha "afección sá”.
- Setembro 21: Camariñas presentará alegacións contra as zonas restrinxidas á pesca deportiva nos portos de Camariñas e Camelle.
- Agosto 21: A Xunta regula a pesca recreativa nos portos.
- Xullo 21: Portos debulla 3 niveis de restrición para a pesca recreativa nos peiraos autonómicos.
- 06-06-21: Manifestación en Compostela dos pescadores recreativos: “Somos deportivos, non somos furtivos”.
- Xuño 21: “Non ao Real Decreto" sobre a Regulamentación da Pesca Deportiva en Augas Exteriores.
- Maio 21: “Pescar non é delito. Deixádenos pescar!”.
- Abril 21: Os pescadores recreativos pediron a apertura dos portos en Malpica.
- Febreiro 2021: Así son as normas que vai impoñer Portos para a pesca recreativa nos peiraos e así é a proposta da Confraría de Malpica:
- Decembro 2020: Os pescadores recreativos de Malpica tamén protestan pola súa inxustificada criminalización.
- Novembro 2020: Os pescadores recreativos saen aos portos para pedir que non se lles trate como delincuentes.
- 2017: Caso “Luras”, peirao de Malpica: A gran mentira.
- 2017: Un pescador de luras do porto de Corcubión.