Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Nadal da Laracha pensado para as familias

Programa Nadal 2022 Laracha
Programa Nadal 2022 Laracha
O Nadal da Laracha pensado para as familias

A programación municipal de Nadal da Laracha volve focalizarse nas familias, na conciliación, ademais de apoiar economicamente tanto ao comercio local como ás asociacións culturais e coros parroquiais por medio dos certames de escaparates e de panxoliñas.

As primeiras actividades van dirixidas aos colexios. O venres 16, luns 19 e martes 20 haberá teatro infantil na Casa da Cultura en horario lectivo con Carabela, da compañía Galeatro, unha historia de Paula Carballeira interpretada por Alba Bermúdez, Davide González e Tone Martínez cuxa mensaxe é o coidado do medio ambiente. Durante os tres días haberá dous pases que principiarán ás 10:00 e ás 12:00 horas. En total asistirán preto de 800 alumnos dos CEIPs Otero Pedrayo, Alfredo Brañas e Caión.

O xoves 15 a partir das 11:00 horas realizarase na biblioteca da Laracha a cualificación dos concursos de contos e postais, tamén dirixidos ao alumnado dos centros educativos. Os outros certames de Nadal son o de panxoliñas “María Angeriz Tuset”, programado para o venres 30 a partir das 19:30 horas na Casa da Cultura, e o de escaparates, no que se repartirán un total de 1.900 euros en premios, estando o prazo de inscrición aberto ata o 25 de decembro.

Papá Noel na Praza do Concello

Nesta semana acendeuse a iluminación de Nadal nas vilas da Laracha, Paiosaco e Caión, que permanecerá activa ata o día 6 de xaneiro. A Praza do Concello foi decorada cun poboado que será protagonista dunha das actividades coa presenza nel de Papá Noel os días 22 e 23 de decembro entre as 17:00 e as 19:30 horas.

Actividades con inscrición requirida

O luns abrirase a inscrición en tres das actividades infantís e xuvenís nas que se require a reserva de praza por seren limitadas. Poderase facer de xeito gratuíto cubrindo o formulario en liña a través da web e redes sociais municipais, ou ben acudindo ao Concello.

Unha delas é o obradoiro infantil de cupcakes e galletas de Nadal que se realizará en tres quendas os días 27 (alumnos de infantil), 28 e 29 (alumnos de primaria) en horario de 11:00 a 13:00 h na Casa da Cultura da Laracha.
Para o público xuvenil (maiores de 12 anos) van dirixidas as actividades de realidade virtual (martes 27 no baixo da biblioteca da Laracha de 17:00 a 20:00 h) e a saída ao escape room Clue Hunter da Coruña (martes 3 de xaneiro, con saída da Praza do Concello ás 17:30 h e regreso ás 20:30 h).

Eventos para o público infantil e familiar

• 26 de decembro. Espectáculo infantil-familiar: O castiñeiro do Apalpador, de Fantoches Baj, no centro sociocomunitario de Caión ás 17:30 h. • 28 de decembro. Espectáculo infantil-familiar: Os fabulosos Cleaners, de Malasombra Producións, na Casa da Cultura da Laracha ás 17:30 h. • 29 de decembro. Espectáculo de maxia con David Maestro: A viaxe máxica, no centro sociocultural de Paiosaco, ás 17:30 h. • 30 de decembro. Teatro infantil-familiar: Fazulas e o ladrón de paraugas, de Bandullo Azul, na Casa da Cultura da Laracha ás 12:00 h. • 2 de xaneiro. Cine infantil: Valentina, na Casa da Cultura da Laracha ás 17:30 h.

Cabalgata dos Reis Magos

A cabalgata dos Reis Magos pechará as festas do Nadal e tamén o programa de actividades do Concello. Do mesmo xeito que nos últimos anos, realizarase un percorrido por todas as parroquias do municipio os días 4 e 5 de xaneiro.
O día 5, trala cabalgata, Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán ao pavillón do IES Agra de Leborís, onde os nenos están convidados a agardar polas Súas Maxestades desfrutando dunha festa infantil.

Outras propostas do Nadal

Comentarios