luns. 13.01.2025
El tiempo

O Castelo de Vimianzo, Dombate, As Torres do Allo e os Batáns do Mosquetín volven abrir as portas

O Castelo de Vimianzo, Dombate, As Torres do Allo e os Batáns do Mosquetín volven abrir as portas
Unhas das fotos da Mostra é dos Batáns do Mosquetin - Foto-Anselmo Folgado

Xa levaban un tempo pechadas tralos problemas económicos da Neria e a nova adxudicación por parte da Deputación. Unha adxudicación que recibíu o Centro Público de Emprego V2 Servicios Auxiliares, do grupo Alentis, que xa abríu as portas dos 3 edificios culturais de propiedade provincial, o dolmen de Dombate, as Torres do Allo e Batáns de Mosquetín .

De feito, o dolmen de Dombate, con visitas guiadas, foi visitado por 187 persoas durante esta fin de semana (8 o venres, 51 o sábado e ata 128 o domingo). Deles ata 122 coñeceron o monumento megalítico a través de visitas guiadas (4 o venres, 25 o sábado e 93 o domingo).

Horarios de Apertura

Desde hoxe martes e ata o 6 de abril (ambos inclusive) a atención a visitantes realizarase desde as 11 da mañá hasta as seis da tarde todos os días da semana, incluíndo domingos e festivos, xa que coincide coa Semana Santa.

Entre o 10 de abril e o 21 de xuño o servizo realizarse os venres, sábados, domingos e festivos entre as 11 e as 18 horas, mentres que na temporada de verán volverá abrirse todos os días da semana. Finalmente, entre o 18 de setembro e o 27 de decembro retomarase a apertura durante os venres, sábados, domingos e festivos. No caso concreto dos Batáns de Mosquetín, o edificio pechará os domingos pola tarde tanto en Semana Santa como entre o 18 de setembro e finais de ano.

Un día da semana deberá quedar reservado para visitas escolares, data que poderá modificar a Deputación en función das súas necesidades, e que non suporá o peche para o público.

O Castelo de Vimianzo

Ademais, o castelo de Vimianzo, un dos principais focos turísticos da Costa da Morte, que coordina o Concello, ampliar o seu horario no período festivo, o Castelo amplía o seu horario de apertura, abrindo polas mañás, desde as 10.30 ata as 14.00 horas, e, polas tardes, desde as 16.00 ata as 20.30 horas.

Estes días festivos, de xoves a domingo, os visitantes das torres terán a posibilidade de realizar unha visita guiada ás torres. Deste xeito, ás 16.30 horas e ás 18.00 horas haberá un guía disposto a desvelar os segredos da fortaleza medieval. As visitas terán unha duración aproximada de 30 minutos e serán gratuítas.

Novas relacionadas

Novas sobre o Parque do Megalitismo

Máis novas arqueolóxicas

Fonte

Comentarios