A Corporación Municipal de Carnota apoia aos traballadores de Stolt Sea Farm


Enviaba onte a Corporación Municipal de Carnota un manifesto mostrando o seu apoio aos traballadores e traballadoras de Stolt Sea Farm. Uns traballadores que estiveron a semana pasada en folga e que seguen pendentes dunha posible negociación para manter o convenio colectivo instaurado ata agora na multinacional.
O grupo de goberno do Concello carnotán envía este manifesto de apoio do seguinte xeito: "Ante o conflito laboral desencadeado en Stolt Sea Farm, a Corporación Municipal de Carnota, trala reunión mantida o 13-12-12, manifesta o seu apoio aos traballadores e traballadoras das plantas afectadas, e insta á empresa a negocial cos representantes do persoal, na procupra dun acordo satisfactorio que poña fin a esta situación".
O Comité segue pendido negociar
Paralelamente, o Comité de Stolt Sea Farm volve "instar á dirección a que abandone as posturas intransixentes e sente a negociar unha solución. Mentres agradecen "a masiva participación dos traballadores/as nas dúas primeiras xornadas de folga" (a visión da directiva sobre a incidencia da folga foi radicalmdente oposta), lamentan a "política laboral de imposición e falta de vontade e diálogo da empresa para chegar a un acordo satisfactorio para as partes".
Así, a "representación do persoal chama a dirección a que retome o camiño do diálogo e a negociación, como lle está a demandar a parte social, os alcaldes dos Concellos onde estánsituadas as granxas que sofren o conflito, e a administración autonómica (consellerías de Mar e Traballo)".
Pon o Comité o balón no tellado da empresa e lle pide que "explique por que na semana previa á folga non quixo sentar na reunión que os alcaldes de Muxía, Carnota e Camariñas, mais os Directores Xerais de Traballo e Mar, estaban a promover para evitar a folga".
Deste xeito, dende o Comité aseguran que "a representación dos/as traballadores/as está disposta a sentar a negociar en calquera momento que marque a administración".
Novas relacionadas co convenio de Stolt
- 13-12-2013: Arrincou a folga nas piscifactorías de Stolt.
- 11-12-13: O BNG de Camariñas sitúase do lado dos traballadores de Stolt.
- 09-12-13: Comité e Dirección de Stolt enzárzanse ca folga.
- 02-12-13: O conflito de Stolt recrúase.
- 29-11-13: Os alcaldes piden á Xunta que interveña no conflito laboral de Stolt.
- 25-11-13: O Comité de Stolt Sea Farm convoca unha folga para decembro.
- De axudas e postos de traballo nas piscifactorías.
- Os traballadores despedidos de Carnota critican a doble moral do alcalde.
- Tempo de conflitos laborais en Carnota.
- 11-11-13: Os sindicatos de Stolt reúnense cos alcaldes de Carnota, Camariñas e Muxía.
- 17-10-13: O Comité de Empresa de Stolt solicita unha arbitraxe para clarexar o convenio.
- 14-10-13: Parálise na negociación do Convenio de Stolt.
- 03-10-13: O Convenio Colectivo á exame nas piscifactorías de Stolt.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).