luns. 12.05.2025
El tiempo

Tres andainas, tres tesouros costeiros

Tres andainas, tres tesouros costeiros
Esta fin de semana teremos 3 rutas impresionantes, polo Monte Pindo, polos Penedos de Traba e Pasarela (o Bico na imaxe) e polo Reira e o Cabo Vilán

Por fin chega o verán e o sendeirismo segue a ser un dos grandes protagonistas das fins de semana na Costa da Morte. Veciños e visitantes cada vez demandan máis estas saídas que mesturan o deporte de andar co pracer do disfrute do noso meirande tesouro, o patrimonio natural.

Así, esta fin de semana de San Pedro (ollo cas festas que a Axenda Costa da Morte vén cargadiña) temos 3 saídas ben interesantes, por lugares tan espectaculares como a incrible ruta entre Arou e Camariñas, os Penedos de Traba e Pasarela, ou o Monte Pindo.

5ª Etapa do Camiño dos Faros

O Camiño dos Faros xa non ten volta atrás e aí continúa. Este domingo 30 de xuño os trasnos da Costa da Morte farán a quinta etapa que discorre entre Arou e Camariñas na que poida participar todo o mundo. Unha das rutas máis espectaculares de toda a bisbarra, puidendo disfrutar de paraxes como As praias do Trece e o Monte Branco, o Cemiterio dos Ingleses, ou o Cabo Vilán.

A saída será no Bar Vitoria de Camariñas ás 9:00h, dende onde se collerá o bus (cortesía de Autocares Pedro Pombo) ata Atou para comezar a camiñada de 23km.

Lembran os trasnos que "a costa que vai desde Arou a Cabo Vilán é a orixe de todo. Unha serie de naufragios de barcos da mariña inglesa ocorridos entre finais do século XIX e primeiros do XX, con centos de falecidos no Serpent, foron a orixe do nome A Costa dá Morte. E na ruta ímolo a comprobar. Centos de restingas asasinas penétranse nun mar que non dá tregua, un mar que non entende, só traballa..."

Todo, para continuar facendo física a Guía Costa da Morte-O Camiño dos Faros.

Andaina polos Penedos de Traba e Pasarela

Andaina de Vimianzo aos Penedos por Anton Mouzo

Outras das citas da fin de semana será pola única paisaxe protexida da Costa da Morte. Esta Andaina polos Penedos de Traba e Pasarela, artellada polos Concellos de Teo (programa “Pateo”) e Vimianzo (no marco das exitosas “Andainas 2013”) terá lugar o próximo sábado 29 de xuño.

Esta andaina serve de pequena homenaxe a Roberto Mouzo, recentemente falecido. El foi un dos principais defensores dos Penedos e tamén un dos que máis traballou para dalos a coñecer.

Será todo un especialista como Xosé María Lema Suárez o que guiará polas míticas pedras da aguia, cachucha, dama oso, barca, a tartaruga... pero ademais outras "novas", xa descubertas pero que tiñan un acceso moi complicado e gracias aos traballos de mantemento dos últimos tempos poderanse ver, como "O bico" ou "o paiaso triste". Lamentablemente a de Don Manuel queda un pouco lonxe.

Subida ao Pindo

VII Xornadas de Pesca do Pindo 2013

Tamén teremos a posibilidade de realizar unha subida ao Monte Pindo no marco das VII Xornadas de Pesca do Pindo Mariño.

O sábado 29 ás 10:30h, unha expedición, guiada por especialistas, levaranos ata as 18:00h da tarde polo Olimpo Celta. Cómpre levar enseres para comer. E ao remate, ás 19:00h, presentación da antoloxía poética .


Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios