O Carballo Interplay volverá en abril estreando un premio para creadoras de contido dixital en galego

Xa temos data para a 11ª edición co festival de contidos dixitais Carballo Interplay. Os días 4, 5, 6 e 7 de abril de 2024, Carballo volverá convertirse no centro da creación dixital do país e de boa parte do estado, volvendo demostrar a súa aposta polo talento do país e a lingua galega.
Así, a primeira novidade que presentan é a estrea do Premio a Mellor Contido Dixital en Galego, que nace co obxectivo de poñer en valor e visibilizar aos creadores e creadoras que difunden contidos audiovisuais en lingua galega na internet (Instagram, TikTok ou Youtube). Desde o 30 de novembro están abertas as convocatorias para este premio e para os xa habituais, dirixidos a series internacionais de formato curto e o dedicado á produción de contido dixital en galego, para o que as persoas participantes presentan un proxecto a desenvolver.
Dentro desta convocatoria haberá dous recoñecementos, o primeiro destinado á Mellor Canle, que conta cunha contía económica de 600 euros; e o segundo para o Mellor Creador ou Creadora, dotado con 600 euros.
Tamén se mantén o Premio á Mellor Produción de Contido Audiovisual en Galego ten como obxectivo apoiar a creación audiovisual mediante un premio de 3.000 euros que se dedicará ao desenvolvemento do proxecto gañador. Grazas a esta axuda producíronse series como Xan, premiada nos Premios Mestre Mateo, de Miguel Canalejo e Lucía Estévez; Amnesia 3.0, de Irene Pin, Cacola, de David Fidalgo ou Pringadas, de Belén Puime.
O Certame
Con todo, o principal foco de atracción do festival é a Competición Oficial de Series en Formato Curto, pensada para producións internacionais realizadas entre 2023 e 2024. O requisito a cumplir é que teña, polo menos, tres capítulos producidos que non superen os 30 minutos cada un. Os premios outorgados nesta categororía serán á Mellor serie (dotado de 800 euros e trofeo), Premio do Xurado Novo (dotado de 400 euros e trofeo), Premio do Público (400 euros e trofeo) e un Premio a Mellor Dirección de 200 euros e trofeo.
Para inscribirse en calquera das categorías competitivas do festival, os interesados e interesadas deberán cubrir un formulario na web do festival, onde tamén poden consultar todas as bases.
Unha programación con referentes de toda España e espazo para profesionais
Na súa undécima edición o Carballo Interplay volverá con referentes da cultura popular dixital de dentro e fóra de Galicia, sendo un evento punteiro polo que pasaron programas como Estirando el chicle, Gen Playz, En casa con los Prieto Flores ou Tardeo; iconas da cultura dixital como Brays Efe, Inés Hernand, Isa Calderón, Andrea Gumes, Charo López, Malena Pichot, Perra de Satán; ou algunhas das tiktokers galegas do momento como Totateki, Sara Seco e Prado Rúa, entre outras.
REPASO HISTÓRICO DO CARBALLO INTERPLAY
-
2023: O Carballo Interplay arrincou con estreas e centra a segunda xornada no talento galego
-
2022: O “necesario” Carballo Interplay pechou a súa 9ª edición cunha boa “desfeita”
-
2022: O Carballo Interplay arrincou poñendo en valor o talento galego da rede.
-
2021: O Carballo Interplay recibe o Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2021.
-
2021: O Carballo Interplay 2021 ofreceu ao mundo unha inmellorable panorámica da innovación na rede.
-
2021: Interplay: Os Masters da rede galega debullaron as principais canles creativas.
-
2020: A creatividade fluíu na rede gracias ao Carballo Interplay
-
2020: Antía Suárez: "O Carballo Interplay visibiliza o traballo da xeración máis nova"
-
2019: Paula Vázquez: O Interplay moi ben, pero falta Carballo
-
2019: O Interplay volveu convertir Carballo na capital da cultura dixital global.
-
2018: Dinosaurio, a webserie do Interplay que narra a caída mundial da internet.
-
2018: O Interplay volveu convertir Carballo na capital estatal dos contidos dixitais.
-
2017: O Festival Interplay fai de Carballo a capital da cultura dixital global
-
2017: O IV Festival Carballo Interplay, a máxima calidade audiovisual entra na Costa da Morte
-
2016: O éxito do III Carballo Interplay asegura unha cuarta edición no 2017.
-
2015: Arrinca un desenfadado Festival Interplay para poñer Carballo no centro das miradas do audiovisual.
-
2015: O Festival Interplay, unha regueifa audiovisual de vangarda.
-
2014: As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay.