Martes. 07.05.2024
El tiempo

QPC abre as portas ata Carballo

QPC abre as portas ata Carballo
Carballo en QPC

Non queremos entrar en estériles polémicas sobre o que é e o que non é "Costa da Morte". O caso é que o crecemento natural do diario QPC nos leva ata a capital de Bergantiños, para pechar un círculo aberto hai máis de 6 anos.

Arrincabamos cubrindo as novidades de 14 concellos da volta, dende Carnota ata Malpica, pasando por Mazaricos e Zas. Incluíamos o Concello de Muros gracias a insistencia de varios lectores amantes do fútbol da Costa. E agora é o momento de comezar a recoller información sobre o Concello de Carballo.

Malia ter unha realidade socio-económica diferente á do resto da bisbarra (o tecido industrial e empresarial carballés supera ao do resto da Costa da Morte), consideramos importante comezar a informar sobre o que alí acontece. E por suposto, a nivel empresarial a decisión tamén supón unhas posibilidades xa abertas a través da cultura na #AxendaCostadaMorte e a través do deporte e das Ligas que estamos a cubrir en QPC (Liga Intermunicipios e Liga FS Carballo).

E xa sabedes, se queredes colaborar, estaremos encantados de publicar as novidades que nos enviedes.

Novas relacionadas

Máis novas QPC

Fonte

Comentarios