Martes. 15.10.2024
El tiempo

A mocidade xa crea vida no Olimpo Celta marco do proxecto #SOSMontePindo

A mocidade xa crea vida no Olimpo Celta marco do proxecto #SOSMontePindo
A mocidade xa prantou os seus primeiros carballos no Monte Pindo-Foto-MPPN

Xa está en marcha a iniciativa SOS Monte Pindo. O proxecto de voluntariado para recuperar o Monte Pindo tralos arrasadores lumes, arrincaba esta fin de semana con unha trintena de nenos e nenas e os seus monitores e voluntarios.
Aí estiveron, nenos de entre 7 e 16 anos, chegados dende o Centro de Acollida de Bañobre (Miño), mollando as mans, enchéndose de terra para crear vida nun monte esquecido.

Unhas accións recíprocas, pois ademais de axudar á recuperación dun entorno natural, os m.zos aprenden a concienciarse da importancia de coidar o noso medio ambiente. En todo momento estiveron acompados polos membros da Asociación MPPN na que o tempo acompañou. Como anfitrións por parte da Asociación actuaron Xil Caamaño, Sven Schwebsch, Antía Insua e Mario Maceiras, que fixeron de anfitrións e aprendéronlle aos rapaces como prantar as árbores que cedeu CSIC.

O proxecto disgregou en dous equipos, un que comezou a prantar na sementeria de Lamas de Castelo unha ducia de ameneiros, e outros que no Bico do Santo recolleron varios cepellóns de pequenos carballos e loureiros. Pola tarde, tocaba prantar 50 pequenos carballos, mentres os maiores ceibaban sementes de gramíneas coma cebada e herba nas ladeiras máis escarpadas do Rego do Voitureiro, que seguían tan desprovistas de toda vexetación coma se o incendio se extinguise onte mesmo.

Ao fío das 6 e media da tarde, e cando os máis pequechos xa comezaban a acusar o cansanzo, volvían ao autobús que os trouxera desde Miño logo dunha emotiva despedida e aplauso mutuo.

Máis actividades

Así, queda aberto o prazo para inscribirse no programa de voluntariado desta fin de semana no marco do SOS Monte Pindo. Que queira participar nas actividades que se desenvolverán sábado 23 e domingo 24, deben confirmar a súa asistencia escribindo un correo a [email protected]. Ademais, para garantir a cobertura do seguro de accidentes e responsabilidade civil da Asociación Monte Pindo, deben estar previamente inscritos no formulario de inscrición da páxina web sos.montepindo.org.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios