Xoves. 16.05.2024
El tiempo

O Parque Natural intenta achegarse ao Pindo

O Parque Natural intenta achegarse ao Pindo
Charla no Pindo sobre o Monte Pindo Parque Natural-Foto-MPPN

Importante achegar ainformación e os proxectos aos veciños para combater os medos. Así o entendeu a Asociación Monte Pindo Parque Natural que levou unha charla informativa ata a vila onde se supón un maior rexeitamento ao proxecto conservacionista.
I é que a loita está bastante politizada e nin todo o pobo o Pindo está en contra do Parque Natural como di o PP, nin só unha minoría está en contra como di o BNG.

En todo caso, a charla informativa do pasado sábado serviu para informar, a uns veciños que sobre todo critican o seu descoñecemento. Un descoñecemento que se traduce en medo, polo que estas charlas, se cadra con máis datos ou máis experiencias. Por exemplo, botaron de menos os veciños a presencia dalgún veciño de Corrubedo que estea a favor do Parque Natural, para escoitar os argumentos de primeira man. De feito, estaba prevista a presencia da Directora do Parque, pero non recibira a necesaria autorización da Xunta para participar.

Falou, e falou moi ben, Serafín González, presidente dunha Sociedade Galega de Historia Natural que vén de denunciar a erosión que están producindo as cinzas nas áreas marisqueiras. Serafín mesmo escoitou e entendeu aos veciños afectados, e quixo facerlles ver a riqueza dos valores naturais e ecolóxicos con que conta o monte e que xustifican esta medida.

Tamén falou Martiño-Fiz López, biólogo e representante de ADEGA no Observatorio Galego da Biodiversidade, quen criticou a presencia das piscifactoría, un tema bastante polémico na zona pola cantidade de postos de traballo que xenera.

Pero o momento máis esperado foi a rolda de preguntas. E as houbo, e se responderon, malia que moitos veciños pedían algo máis de concreción. Pero dende logo foron moi interesantes os argumentos de ida e de volta, que puxeron sobre a mesa algúns temores, "infundados" para a entidade organizadora, en parte da veciñanza. E para iso son as respostas, para quitar o medo.

As preguntas máis recorrentes versaron en torno a coñecer as limitacións que se derivarán desta figura, nomeadamente en materia de urbanismo, industrialización e acceso ao espazo natural. A resposta a mesma en todos os casos, segundo a MPPN: "o Parque Natural non vai conlevar ningunha limitación que non exista xa coa Rede Natura salvo que os veciños e axentes sociais así o decidan. Sen embargo, a diferencia do que acontece coa Rede Natura o Parque Natural si obriga a facer uns investimentos anuais e a crear un organismo no que poderán participar e opinar veciños, asociacións, concellos, etc... Ademais, obriga a constituir corpos de vixilancia e conservación que xerarían un número determinado de postos de traballo, unha cuestión que foi moi valorada polos asistentes, pois ademais hai que sumarlle aos xerados no sector servizo polo importante impulso que suporá esta figura ao turismo de calidade".

Rematou a Asociación Monte Pindo Parque Natural agradecendo o interese de todos os veciños do Pindo, e invita a que "mediante o diálogo todos podemos entendernos e lograr xuntos o mellor para o noso pobo". Quedan enriba da mesa dúbidas sobre os límites visuais do Parque, afondar nas normativas e esixencias e prohibicións sobre terreos privados, pero de seguro que poden solventar na seguinte xuntanza veciñal.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios