Carnota xa ten a súa postal de Nadal


Xa ten o Nadal de Carnota as súas postais. Na mañá do 16 de decembro, tivo lugar no Concello de Carnota a entrega de premios do VII Concurso de Postais de Nadal, dirixido ao alumnado de educación primaria dos centros educativos do municipio.
No concurso establecéronse tres categorías, segundo o ciclo educativo, e outorgáronse seis premios, dous por categoría. Resultaron finalistas na categoría de primeiro ciclo as postais de Mauro Martínez e Laura Louro, do CEIP do Pindo. Na categoría de segundo ciclo, foron seleccionadas como finalistas as postais de Paula Allo e Sofía Tajes, do CEIP de Carnota; e na categoría de terceiro ciclo as de Yoel Moreno e Alba Louro, do CEIP de Carnota.
De entre todas as finalistas, seleccionouse como gañadora do concurso a postal presentada por Alba Louro, que se utilizará como felicitación institucional do Concello de Carnota na páxina web municipal.

Nun salón de actos ateigado de ilusión, o alcalde de Carnota, Ramón Noceda Caamaño, entregoulles os premios aos seis finalistas do concurso, consistentes en cadanseu lote de material didáctico, e a continuación realizouse un sorteo de 3 agasallos entre os 110 nenos e nenas participantes.
Novas relacionadas
Outros programas de Nadal
- Polo Nadal, en Laxe xogamos todos.
- 50 cousas que facer este Nadal en Carballo.
- Vimianzo prepara un Nadal.
- Ponteceso continúa co seu Nadal Máxico.
- Zas prepara un Nadal de tradicións.
- Dumbría soña polo Nadal.
- Muxia xa ten o seu programa de Nadal.
- Menudo Nadal máxico en Ponteceso.
- Os Empresarios de Ponteceso preparan un Nadal Tecnolóxico.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).