Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Descobren unha nova especie protexida no Monte Pindo

Descobren unha nova especie protexida no Monte Pindo
Narcisus asturiensis no Monte Pindo

Por primeira vez, os amantes e estudosos do Olimpo Celta conseguiron “cazar”, fotograficamente, o Narcissus asturiensis. O achádego acontenceu esta pasada fin de semana, cando os membros da Asociación Monte Pindo Parque Natural facían de guías na visita de 50 membros da Sociedade Galega de Historia Natural das Mariñas, e da entidade que custordia as Fragas do Mandeo.

A mellor nova da xornada foi o descubrimento de exemplares dun terceiro e novo narciso no Monte Pindo, o Narcissus asturiensis, especie catalogada coma Vulnerábel o Catálogo Galego de Especies Ameazadas, e da cal desde hai tempo se sospeitaba que podería estar presente. De feito, foi identificada erroneamente en varias ocasións, pero finalmente xa podemos confirmar a súa presenza e incluila por tanto no Catálogo de Especies do Monte Pindo (CEMP), que xa suma 665 especies, das que -con esta- 36 son consideradas vulnerábeis e máis de 150 contan con algún nivel de protección na lexislación vixente. 

Unha canle de auga no curso dun río?

Canle descuberta en Vadebois-MOnte Pindo-FotoChisco Fernandez Naval

Interesantísima tamén a achega de Chisco Fernández Naval e Fernando Alonso Romero durante unha das súas habituais visitas á zona, dunha curiosa canle de pedra que percorre a propia cauce do Rego Vadebois, e que terá que ser estudada por expertos ao constituir un elemento patrimonial que non era coñecido nin moito menos estaba catalogado.

Tesouros do Monte PIndo

Máis novas

Comentarios