Novo cheo da Escola de Música de Carnota no seu Festival de Nadal


Non falla a Escola de Música de Carnota. Sempre que hai festival, o Salón de Actos do Concello queda pequeno para ver á marea de artistas que hai no municipio.
Así pasou este mércores 18 de decembro, co festival de Nadal da Escola Municipal de Música. Dende logo que non defraudou. Ás sete da tarde abríanse as portas do salón de actos do Concello, reforzado con medio centenar de cadeiras para intentar que ningún asistente quedara de pe. Pero foi imposible.
Máis de 150 persoas ateigaron a sala para dar comezo á festa da música; unha festa onde os presentadores, papá e mamá de alumnos da escola (Ramón e Bélgica), anunciaron que se lle daba protagonismo aos alumnos máis pequenos, e solistas, deixando as actuacións dos máis maiores e cañeiros para outros concertos, xa que, como as datas o requiren, tocáronse fermosas melodías, panxoliñas e adaptacións de temas clásicos.
Pianistas, acordeonistas, guitarristas, baixistas, baterías, gaiteiros, instrumentistas Orff, as incombustibles Pandereteiras da Solaina, a Coral Polifónica da Escola, o Coro Infantil … todos pasaron polo escenario recibindo numerosos e calurosos aplausos.
Ata houbo un conto de nadal musicado inventado polos propios alumnos!!!!

Novas relacionadas
- Empeza o curso na Escola Municipal de Música de Carnota:
- Xuño 2013: A Escola de Música fai vibrar a todo Carnota.
- Carnota xa ten a súa postal de Nadal.
- En Carnota xa non queda cativo sen xoguete.
- Eu agasallo en galego.
- Un Nadal máis co Apalpador.
Outros programas de Nadal
- Polo Nadal, en Laxe xogamos todos.
- 50 cousas que facer este Nadal en Carballo.
- Vimianzo prepara un Nadal.
- Ponteceso continúa co seu Nadal Máxico.
- Zas prepara un Nadal de tradicións.
- Dumbría soña polo Nadal.
- Muxia xa ten o seu programa de Nadal.
- Menudo Nadal máxico en Ponteceso.
- Os Empresarios de Ponteceso preparan un Nadal Tecnolóxico.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).