Cee e Ponteceso acollen as grandes mobilizacións cidadás polo #8M

Despois da cadea humana celebrada o pasado sábado en Carnota, as grandes citas sociais deste Día da Muller danse en Cee e Ponteceso. No medio da marea de actividades municipais artelladas polos Concellos, son os colectivos feministas Buserana e Feminismo en Pé os que chaman á participación nas mobilizacións comarcais.
As dúas citas serán paralelas a partir das 20:00h. En Cee terá lugar a obrigada Concentración na Praza 8 de marzo; mentres que en Ponteceso haberá unha manifestación que partirá do IES Eduardo Pondal para chegar ata a Praza do Recheo de Ponteceso.
“Recuperamos o espírito co que as traballadoras e revolucionarias marcaron esta xornada como día de loita. Recollemos neste día o legado de todas estas mulleres e denunciamos os abusos do patriarcado saíndo á rúa, ocupando o espazo público, advertindo que non imos retroceder nin un só chanzo na loita polos nosos dereitos, denunciando o machismo e a misoxinia que aínda hoxe seguen arraigados nas institucións”, sinalan no manifesto dende o novo colectivo bergantiñán.
En calquera caso, hai unha marea de actividades municipais que podedes ver abaixo na Axenda 8M.
Crónicas do 8M
- #8M: As profesionais con voz de Carballo.
- #8M: Unha cadea de mulleres por Marupe e por todas as mulleres.
Axenda DO 8M
- Deputación: #8M: "É por ser muller", a campaña da Deputación para denunciar a precarización do ‘traballo reprodutivo’.
- Malpica: #8M: Malpica entrevista ás súas mulleres.
- Zas #8M: Zas concentra o día nas crianzas.
- Camariñas: #8M: Unha andaina e un concerto polo Día da Muller.
- Vimianzo: #8M: Vimianzo presenta unha ruta que homenaxea a muller vimiancesa.
- Ponteceso: #8M: Feminismo en pé convoca a gran mobilización feminista de Bergantiños:
- Corcubión: Un obradoiro para mulleres, dous para nen@s e unha andaina para o 8M de Corcubión.
- Santa Comba: #8M: Unha 8M de documental en Santa Comba.
- Cee: #8M: As mulleres de Cee teñen moito que contar.
- Cee: #8M: Buserana conversa sobre a vida real das mulleres
- Coristanco: #8M: Coristanco pon o foco nas pioneiras.
- Laracha: #8M: Os centros de ensino da Laracha recibirán mulleres traballadoras.
- 8M 2022: Unha cadea humana sobre a praia de Carnota para simbolizar a forza das mulleres.