De becas e debuxos ca Fundación Fernando Blanco


Doble nova arredor da Fundación Fernando Blanco. Se está preparando xa a Fundación a nova exposición de Debuxo, xa se coñecen os agraciados/as coas Becas-Premio Fernando Blanco correspondentes ó curso 2012-2013, as cales están organizadas conxuntamente, por segundo ano consecutivo, pola Fundación Fernando Blanco de Lema e o IES Fernando Blanco de Cee.
As Becas-Premio están destinadas a recoñecer ós mellores expedientes académicos dos seguintes cursos: 1º PCPI, 3º ESO, 1º Bacharelato, 1º Ciclo Medio de Xestión Administrativa e 1º Ciclo Superior de Administración e Finanzas.
Era requisito imprescindible para optar a ditas becas-premio o feito de ter tódalas asignaturas aprobadas en xuño, cunha nota media mínima de 8,5, así como matricularse no curso seguinte no IES Fernando Blanco de Cee.
Cada unha das Becas-Premio está valorada en 500 € (200 € en matálico e 300 en vales de compra a consumir nos establecementos colaboradores).
A cerimonia de entrega das becas celebrarase o sábado 7 de setembro, ás 12 horas, no salón de actos do IES Fernando Blanco.
Os premiados nesta segunda edición das Becas-Premio Fernando Blanco foron:
- ARIANE LEMA PAZ (1º PCPI).
- SERGIO GRANDÍO RODRÍGUEZ (3º ESO)
- MARUXA CERNADAS LEIS (1º BACHARELATO).
- SANTIAGO DE LA FUENTE CALVO (1º CICLO MEDIO).
- YOANA MOREIRA POSE (1º CICLO SUPERIOR).
As becas que contan coa colaboración da Deputación da Coruña, Estación de Servizo Bazarra, Centro Comercial Finisterrae, Vídeo Láser Santitel, Cabo Sport, Aurora Sport, Ler Librerías, Librería Trazos, Fersi Papelería, Roberto González Rigaut S.L. (Mapfre), Hotel-Restaurante Praia de Quenxe e Compucee.
Exposición de Debuxo

Ademais, o vindeiro sábado 3 de agosto, ás 18:00h, terá lugar no Museo da Fundación, a inauguración da doble exposición de ebuxo e pintura de Fernando Lado e Pedro Cousillas, que se poderá visitar ata o 31 de agosto no habitual horario de apertura do museo.
Novas relacionadas
- QPC publicará as obras premiados do Concurso de Relatos da Fundación Fernando Blanco.
- Ronquete expón a súa visión da Costa da Morte no Museo Fernando Blanco.
- A Fundación Fernando Blanco artella o I Concurso de Relatos Curtos xuvenil.
- En marcha as Becas Fernando Blanco.
Relatos da Fundación
- Relatos da Fundación: “A promesa”.
- Relatos da Fundación: Emigrar de novo.
- Relatos da Fundación: Cousas que quedarán sen saberse.
- Relatos da Fundación: Lonxe da terra.
- Relatos da Fundación: Pegadas galegas polo mundo.
- Relatos da Fundación: Amor pola familia.
Máis información
Fonte
- Fundación Fernando Blanco.