A Deputación mantén o apoio á Fundación Fernando Blanco
15:37 23/03/21
Trala retirada dalgún patrocinio importante, está sendo a Deputación a que está mantendo viva a Fundación Fernando Blanco de Lema. Faino este 2021 de novo cunha achega de 18.000 euros para colaborar no sostemento dos gastos de persoal e o funcionamento do Museo, neste caso do ano pasado. Unha cantidade supón arredor do 50% dos gastos anuais de funcionamento da Fundación, de máis de 38.000 euros. O resto dos fondos son achegados polo Concello de Cee.
Nós, mentres, seguimos descubrindo os Tesouros da Fundación da man de Darío Areas.
OUTROS TESOUROS DA FUNDACIóN
- Gravado “A Virxe do Peixe”.
- Custoria ou Ostensorio.
- Cristo Crucificado (óleo).
- Monumento dedicado a Fernando Blanco de Lema.
- Gramófono.
- Modelo Locomotora de Crampton.
- Telégrafo de Morse.
- Cámara escura fotográfica.
- Placa conmemorativa dedicada a Vicente Vázquez Queipo.
- Máquina de escribir Underwood Nº5 .
- Esquema orográfico e hidrográfico de Galicia.
- Fonógrafo de Edison
- Estación Telefónica Interurbana (O primeiro teléfono de Cee).
- Óleo de Fernando Blanco de Lema.