Os Anxos de Aceiro, os máis sabios de Cee


Moito saben estes rapaces de Cee. Así o demostraron os alumnos do IES Fernando Blanco este venres 29 de maio celebrouse na Gran Final da IV Olimpíada Cultural O Saber Ten Premio. Participaron os tres equipos finalistas: Ángeles de Acero, ASDFG e Os Picapedra, despois das roldas previas ao longo do curso, nas que quedaron atrás outros 7 equipos. Unhas Olimpiadas na que o máis importante é aprender.
Dúas partes houbo nesta final: A primeira parte, na que os tres equipos tiveron que contestar a 20 preguntas extraídas ao chou entre 616 preguntas elaboradas por todo o profesorado do centro e de todas as materias e de todas as ensinanzas que se imparten no IES Fernando Blanco, mediante un programa informático elaborado por Martín Pardiñas Fondo. Nesta primeira parte resultaron clasificados os equipos Ángeles de Acero con 18 puntos e ASDFG con 15.
A segunda parte consistiu nun debate sobre o tema “É mellor a vida no mundo rural ou no mundo urbano?”, na que os dous equipos defenderon posturas opostas. Esta parte foi xulgada por un xurado composto por tres profesores e profesoras do centro.
Os máis "sabedoriños"

Despois destas dúas partes resultou gañador do 1º premio, dotado con 600 €, desta IV Olimpíada Cultural o equipo Ángeles de Acero, composto por: Daniel Castro Lado, Mónica Allo González, Fátima Martínez Carril, Kelly Trillo Agulleiro e Tania Martínez Carril.
En 2º lugar, cun premio de 400 €, quedou o equipo ASDFG, composto por: Aida Pérez Lago, Sergio Grandío Rodríguez, Daniel Lado Campaña, Alejandro Fernández Castelo e Adrián Garea Fernández.
O 3º clasificado, galardoado cun premio de 300 €, foi o equipo Os Picapedra, composto por: Belén Picallo Fernández, Sandra Soneira Vieites, Ismael Lago Mesías, Diego López González e Gemma Felipe Solano.
Organización e colaboracións
A gala estivo conducida por Darío Areas, secretario da Fundación Fernando Blanco de Lema e responsable do seu Museo, contou cunha nutrida presenza de familiares do alumnado participante que, ademais, puideron asistir a varias actuacións musicais de profesorado do centro e de alumnado Os premios desta Olimpíada Cultural contaron co patrocinio de Ferroatlántica e o director da zona noroeste, Carlos Oliete Fernández, estivo presente e fixo entrega dos premios aos equipos. Tamén estivo presente a inspectora de educación dona Magdalena Duarte Blanco.
Bos exemplos escolares
- Un Trail-Andaina, a nova proposta do proxecto Agra Solidario.
- Unha viaxe dende o Instituto chea de historia para coñecer mundo.
- Nen@s que contan contos a nen@s.
- O IES de Baio afronta a súa Décima Semana Cultural.
- Os alumnos de Fisterra, Cee e a Ponte do Porto reciben un 100% de desconto en conflitos.
- O Instituto tamén aprende a ser solidario.
- Os alumnos cybermentores do IES Fin do Camiño promoven a doazón.
- Un 75% dos alumnos costeiros secunda a folga contra a LOMCE.
- Alumnos carballeses que falan dicindo.
- Os alumnos do IES Fernando Blanco, olímpicos en sabedoría.
- O Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa, o novo Bergantiñán do Ano.
- Aprendendo a cantar nanas en galego.
- “Gústame aprender galego”.
Malos exemplos no ensino
- 20 nen@s sen praza escolar.
- Canto foi a redución en gasto público en educación entre 2009 e 2015?.
- A Costa da Morte ten 245 profesores menos nos últimos 4 anos.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal)