Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Pais da Costa da Morte maniféstanse hoxe en Cee e en Carballo en protesta polo novo sistema de préstamos

Pais da Costa da Morte maniféstanse hoxe en Cee e en Carballo en protesta polo novo sistema de préstamos
Hoxe luns, ás 20:00 horas, terá lugar na Praza do Concello de Cee e na de Carballo unha concentración para revindicar a gratuidade universal dos libros de texto e material escolar. As manifestacións, que tamén se celebrará noutros puntos da comunidade á mesma hora, está convocada pola Confederación de Anpas galegas, na que se atopan as Anpas de Compostela, Ferrolterra, Val Miñor, Cangas do Morrazo, Condado-Paradanta e Louriña, provincial de Lugo, Costa da Morte, Vigo e comarca. Segundo un comunicado de presna remitido á redacción de QPC, éste é o seu manifesto para as mobilizacións: O Ensino Público é unha realidade  imprescindible na nosa vida, é a garantía de que os nosos fillos e fillas terán futuro, e que todas e todos o terán  nas mesmas condicións e cos mesmos dereitos. Para que isto sexa así nós, as familias, traballamos todos os días, para que o Ensino Público mellore constantemente e para que ninguén quede fóra del. Nós sabemos que no Ensino Público non pode haber diferenzas porque queremos que os nosos fillos e fillas medren en igualdade,  e porque entendemos que a súa educación debe estar ao marxe das diferenzas económicas, por iso defendemos sempre que TODO o ensino público ten que ser gratuíto, e podemos dicilo e esixilo porque nós, a xente deste País, somos quen aportamos cos nosos impostos todo o diñeiro público, e debemos ser nós tamén quen decidamos en que e como se vai utilizar ese diñeiro. Pero é necesario que aqueles a quen escollemos para que organicen a administración da vida en común actúen de acordo co que nós decidimos, porque foi para iso para o que os escollemos, e escoiten e entendan que:
  • Todos os nenos e nenas desta Nosa Terra teñen dereito a un ensino público gratuíto
  • Dentro dese ensino público gratuíto teñen que estar incluídos todos os libros de texto.
  • Identificamos libros de texto con calquera material didáctico adaptado que calquera neno ou nena poida necesitar, e reclamamos tamén a súa gratuidade.
  • Eses libros e material son de todos, e queremos recibilos só en préstamo mentres os necesiten os nosos nenos e nenas, para que logo volvan aos seguintes e así mentres sexan utilizables.
E repetímolo, por se non se nos entende: As familias e as Anpa que formamos a federación de Anpas da Costa da Morte e a Confederación Anpas Galegas esiximos a volta a un sistema de préstamo universal e gratuito dos libros de texto ou do material que os substitúa, sen que dependa das rendas familiares, senon que sexa o mesmo para todo o alumnado galego. Esiximos tamén a gratuidade absoluta, sen que dependa de ningunha condición persoal nin económica, de todo o material didáctico adaptado que precise calquera neno ou nenas galegos.

Máis información

Novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

Comentarios